Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz conta con tres novas audioguías

Así, ás audioguías en castelán e galego xa existentes únense unha en inglés, unha en portugués e outra en francés.

Así, ás audioguías en castelán e galego xa existentes únense unha en inglés, unha en portugués e outra en francés.

Fecha: 26 de Noviembre de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

O Centro de Interpretación das Fortalezas Transfronteirizas do Castelo de Santa Cruz da Guarda conta, desde esta semana, con tres novas audioguías. Estas foron financiadas polo concello da Guarda e contaron coa axuda da Unión Europea a través do Feader: "Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural" Europa inviste no rural. Ademais, tamén contribuíron Turismo de Galicia e o Ministerio de Agricultura.

Con esta axuda o Concello da Guarda, que xa tiña dúas audioguías explicativas do patrimonio da fortaleza, ampliounas con tres novos idiomas. Así, ás audioguías en castelán e galego xa existentes únense unha en inglés, unha en portugués e outra en francés. Escolleuse o portugués pola proximidade coas localidades veciñas de Portugal, que fai que haxa visitas constantes de cidadáns portugueses; o inglés porque o maior número de turistas estranxeiros que chegan ao estado español son de Gran Bretaña e o francés, porque os cidadáns deste país foron os turistas que máis incrementaron nos últimos anos.

O traballo consistiu en realizar as tres audioguías, con contidos que foron definidos por persoal con experiencia na interpretación de elementos naturais e patrimoniais e que inclúen o contexto da Guerra de Restauración, o transcurso da guerra no Baixo Miño, a tecnoloxía da fortaleza e partes da mesma, ou os valores naturais dentro da fortaleza. Con estas tres novas audioguías, presentes en formato físico no Castelo de Santa cruz e que poden descargarse dende o seguinte enlace da web de turismo da Guarda http://turismoaguarda.es/audioguias/ , conséguese incentivar o desexo de coñecer por parte do visitante e mellorar a visita e experiencia dos turistas que se acheguen ata o Centro de Interpretación de Santa Cruz, un dos principais puntos de interese da Guarda.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones