Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Centro Dramático Galego inicia este venres en Tui a xira de -Martes de Carnaval-

Será ás 21.30h no Teatro Municipal de Tui. As entradas están á venda en www.culturatui.info

Será ás 21.30h no Teatro Municipal de Tui. As entradas están á venda en www.culturatui.info

Fecha: 05 de Mayo de 2017

Fuente: Concello de Tui

O Centro Dramático Galego inicia este venres en Tui a xira da súa última montaxe "Martes de Carnaval" de Ramón María del Valle Inclán, onde agardan repetir o éxito de público acadado xa nas representacións en Santiago. Dez actores dan vida á trintena de personaxes de "As galas do difunto" e "A filla do Capitán" baixo a dirección de Marta Pazos. A cita será ás 21.30h no Teatro Municipal de Tui cun descanso de 15 minutos entre peza e peza. As entradas están á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 12h ou o venres dende ás 20h no despacho de billetes ao prezo de 8€ e 6€.

Este espectáculo foi presentado esta mañá na casa do concello de Tui polo alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Cultura, María José González, o director da AGADIC, Jacobo Sutil, e os actores Anabel Gago e Machi Salgado.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, explicou que a presenza en Tui do CDG con esta montaxe é un exemplo da aposta que dende o Concello se fai pola cultura, que dicía é un dos principais sinais de identidade da cidade, cunha intensa axenda e con instalacións coma o Teatro Municipal ás que é deber e responsabilidade da administración dotalas de actividade. A programación cultural que dicía, Enrique Cabaleiro, é tamén un polo de atracción de visitantes á cidade. A concelleira de Cultura, María José González, resaltou que é unha honra que o CDG estea en Tui por segundo ano consecutivo. Indicou que "supón esforzo extra para o Concello que Tui merece poder contar cun este espectáculo destas dimensións".

Pola súa parte o director da AGADIC, Jacobo Sutil, destacou o feito de que con esta obra o CDG represente a Valle Inclán en galego nun traballo conxunto levado a cabo pola directora, os actores, pero tamén todo o equipo técnico. Detallou que en Tui se inicia a xira do espectáculo que proseguirá polo Barco de Valdeorras, Ourense, A Coruña, Rianxo, Valencia, Pontevedra e Vigo.

Os actores Anabel Gago e Machi Salgado salientaron a creación colectiva da que é froito este espectáculo na que todos aportaron de seu para conformar a montaxe final. Anabel Gago destacaba coma por fin chegou o momento de representar a Valle Inclán en Galego indicando que o resultado é "para ver". No mesmo senso Machi Salgado animaba a achegarse á representación dunha obra de plena actualidade que non vai deixar a ninguén indiferente.

As galas do defunto comeza en Galicia en 1898, nunha cidade portuaria co sabor da derrota nos beizos e toda a resaca que provocou a guerra de Cuba. Para construír A filla do capitán, o autor partiu de dous acontecementos reais da época: o pronunciamento de Primo de Rivera en 1923 e o crime do Capitán Sánchez, famoso na prensa sensacionalista, en 1913.

O elenco está formado por Iria Azevedo, César Cambeiro, Mercedes Castro, Anabell Gago, Miquel Insua, Alejandro Jato, Pablo Rivero Madriñán, María Roja, Machi Salgado, e Sergio Zearreta.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones