Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CENTRO DRAMÁTICO GALEGO PRESENTA ESTE VENRES EN TUI -XARDÍN SUSPENSO-

Será ás 21.30h no Teatro Municipal. As entradas están á venda en www.culturatui.info

Será ás 21.30h no Teatro Municipal. As entradas están á venda en www.culturatui.info

Fecha: 08 de Mayo de 2015

Fuente: www.concellotui.org

O Centro Dramático Galego, CDG, volve este venres a Tui para presentar a súa última montaxe "Xardín Suspenso". A cita será ás 21.30h no Teatro Municipal de Tui.

A obra escrita por Abel Neves está dirixida por Cándido Pazó e interpretada por César Cambeiro, Melania Cruz, Rocío González, Luisa Merelas, Santi Romay e Ana Santos.

"Xardín Suspenso" conta unha historia de amor non correspondido entre unha xove arquitecta, Lucía, e Mateo. Ela decide construír un xardín zen, sen plantas nin árbores, na antiga casa dos seus pais e cando vai inauguralo Mateo anuncia que vai casar con outra muller.  Entón Lucía desiste de comer; decide abandonarse disolvéndose na vida por inacción. En Xardín Suspenso ficamos suspendidos de todos os intentos que o resto das persoas implicadas fan para axudar a Lucía a saír do buraco que creou. Odio, amor, rabia, frustración, impotencia, medo, dúbida... son algunhas das emocións que desfilan por este xardín xaponés que, construído como un refuxio, vira nun labirinto onde se confrontan os personaxes, contrapoñendo razóns e emocións que descoñecen ou non entenden, nun diálogo de xordos.

As entradas están á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 13h ou o venres dende ás 20h no despacho de billetes ao prezo de 7€ e 5€.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones