Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CIM PRESENTA O ESPECTÁCULO -AS NOSAS CHABOLAS- QUE RENDE HOMENAXE ÁS ATADEIRAS DA GUARDA

A cita é este sábado ás 20 horas no Centro Cultural. Esta actuación de música e recordos será levado a cabo por -Coiro Vello-.

A cita é este sábado ás 20 horas no Centro Cultural. Esta actuación de música e recordos será levado a cabo por -Coiro Vello-.

Fecha: 19 de Marzo de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

Este Sábado 19 de Marzo as 20 horas no Centro Cultural celébrase, en conmemoración do mes de marzo e mes da Muller, a través do Centro de Información á Muller (CIM) de A Guarda o evento "As Nosas Chabolas".

Este espectáculo de música e recordos será levado a cabo polo grupo de cantareiras e pandereteiras "Coiro Vello".

"Coiro Vello" é un grupo de mulleres, que case todas na súa xuventude foron atadeiras nas diferentes chabolas da Guarda. Dende que ser formou o grupo tiveron claro cal é a verdadeira tradición no noso pobo; cantar con voz forte e alegre as diferentes cancións que dende sempre se escoitaron nas chabolas a través da radio e dos maiores.

Este espectáculo quere render así unha homenaxe a unha xeración de mozas guardesas que pasaban as horas nas chabolas atando e cantando mentres, os homes, ían o mar. A función é unha pegada de identidade para A Guarda e por iso, "Coiro Vello" quere continuar coa tradición e, sobre todo, coa posta en valor daquela época para que nunca se perda e non quede no esquecemento.

Este sábado no centro cultural veremos unha representación dunha chabola de A Guarda das de antes, con imaxes e vídeos sorpresa para que entre todos os asistentes fagamos un recordo colectivo dunha época dura e a vez moi bonita para a nosa vila.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones