Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O cineclub Poleiro cumpre 20 anos cun novo ciclo de cine

Comezará o vindeiro 1 de febreiro coa proxección da comedia dramática -Ciudadano ilustre-, de Gastón Duprat e Mariano Cohn

Comezará o vindeiro 1 de febreiro coa proxección da comedia dramática -Ciudadano ilustre-, de Gastón Duprat e Mariano Cohn

Fecha: 26 de Enero de 2018

Fuente: Cineclub Poleiro

O cineclub Poleiro está de aniversario e quere celebrar por todo o alto os seus 20 anos de vida: cun novo ciclo de cine e cun bono participativo de tan só 5 euros para desfrutar dos catro filmes que se proxectarán entre febreiro e maio. "Quixemos aproveitar o noso aniversario para facer unha rebaixa para todos aqueles que desfrutan acudindo a ver as películas que propoñemos", asegura o membro do cineclub Ramón Álvarez.

Trátase dun abono para ver as 4 películas que forman parte deste novo ciclo e que poderán retirarse directamente no auditorio de Goián momentos antes da proxección dos filmes ou poñéndose en contacto directamente co cineclub. Para os membros de Poleiro, chegar a estes 20 anos de vida e seguir propoñendo cine á poboación de Tomiño "é todo un éxito".

A literatura como eixo central

Con este ciclo, o cineclub pretende facerlle unha chiscadela ao mundo da literatura con obras narrativas na que os seus protagonistas están ligados dun xeito ou outro ao mundo das letras.

O ciclo arrancará o vindeiro 1 de febreiro (21.30 horas no auditorio de Goián) coa proxección do filme ‘Ciudadano ilustre', unha comedia dramática dirixida por Gastón Duprat e Mariano Cohn que lle valeu a Copa Volpi ao mellor actor ao seu protagonista, Óscar Martínez. A película conta a historia de Daniel Mantovani, un escritor arxentino que vive en Europa dende hai máis de tres décadas e consagrado mundialmente tras gañar o premio Nobel de literatura que regresa ao pequeno pobo no que naceu, Salas, onde lle van a conceder a medalla de Cidadán Ilustre.

A viaxe terá múltiples arestas: será o regreso triunfal ao pobo que o viu nacer, unha viaxe ao pasado na que se reencontrará con vellos amigos, amores e paisaxes de xuventude, pero sobre todo será unha viaxe ao corazón mesmo da súa literatura, á fonte das súas creacións e inspiración. O escritor irá constatando as insalvables diferenzas que o transformarán nun elemento estraño para a vida do pobo ao tempo que a calidez da cidadanía vai desaparecendo a medida que as controversias se multiplican.

Próximas proxeccións
 
O xoves 1 de marzo o cineclub Poleiro continúa o ciclo coa proxección do drama biográfico da poetisa estadounidense Emily Dickinson, ‘Historia dunha paixón', un dos traballos máis intensos do director Terence Davis. A película conta a vida da poeta, dende a súa infancia e a súa etapa escolar en Amherst aos seus anos escribindo nun total illamento recluída na casa dos seus pais. Conta as excentricidades dun personaxe considerado como rebelde e feminista e como durante a súa vida foron publicados só sete dos seus poemas, xa que a súa poesía empezou a acadar sona tras a súa morte en 1886.

O xoves 5 de abril será a quenda de ‘Cartas da guerra', un drama do director portugués Ivo Ferreira. O filme está baseado na obra homónima de Antonio Lobo Antunes, nas que detalla as cartas que un novo soldado enviaba á súa muller durante os dous anos que estivo en Angola traballando de alférez médico mentres sucedía a Guerra Colonial lusa e nas que se reflicten a dureza vivida polos portugueses neste conflito. Foi nomeada ao León de Ouro na categoría de Mellor Película.

O ciclo rematará o xoves 3 de maio coa proxección do filme ‘Paterson', unha película dramática escrita e dirixida por Jim Jarmusch e producida entre Estados Unidos, Francia e Bélxica. A cinta conta sete días na vida dun condutor de autobús e poeta afeccionado, cunha vida simple e rutineira, e da súa moza, Laura, cunha vida sempre cambiante, con novos proxectos e soños. A película contempla silenciosamente os triunfos e derrotas das súas vidas cotiás, recreándose na poesía que xurde nos detalles máis pequenos.

O cineclub Poleiro conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes de Galicia.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones