Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Cineclub Poleiro proxecta este xoves o documental -fráxil equilibrio- narrado por José Mujica

Este xoves, 13 de xuño o cineclub Poleiro actívase para colaborar coa Festa das Trincadeiras que organiza a Comunidade de Montes de Goián o sábado 15 de xuño.

Este xoves, 13 de xuño o cineclub Poleiro actívase para colaborar coa Festa das Trincadeiras que organiza a Comunidade de Montes de Goián o sábado 15 de xuño.

Fecha: 13 de Junio de 2019

Fuente: Cineclub Poleiro

Este xoves, 13 de xuño o cineclub Poleiro actívase para colaborar coa Festa das Trincadeiras que organiza a Comunidade de Montes de Goián o sábado 15 de xuño.

Celebra a unión dos veciños de Goián, que hai 29 anos conseguiron preservar o monte das Trincadeiras , unha zona de valor ecolóxico ao pé do Miño que fora expropiada polo MOPU para extraer áridos para a autovía Vigo- O Porriño.

Un documental potente, narrado polo ex-presidente uruguaio José Mujica que da pé á reflexión sobre o noso compromiso cos dereitos humanos e as inxustizas sociais.

É unha película universal que a través de tres historias en tres continentes mostra que as clases sociais dividen pero a humanidade nos une.
FRÁXIL EQUILIBRIO, dirixido polo galego Guillermo García López, levou o Premio Goya ao mellor documental en 2017.
O pase será no Auditorio de Goián o xoves, 13 de xuño, ás 21:30 h con entrada de balde.
Unha película potente que fala de que é vivir, que significa traballar, de implicarse en descubrir que son os dereitos humanos, que hai máis alá das fronteiras dos países desenvolvidos, da existencia da pobreza extrema....
A proxección é unha colaboración do cineclub Poleiro coa Comunidade de Montes de Goián, dous días antes da celebración da Festa das Trincadeiras. Con ela queremos destacar a unidade dos veciños de Goián, que hai 29 anos conseguiron preservar un monte comunal de gran valor ecolóxico, expropiado polo MOPU para extraer áridos para a autovía Vigo-O Porriño. Un xesto que demostrou como unha Comunidade de Montes pode ser garante , no seu territorio, da defensa dese "fráxil equilibrio".
Sinopse da película: A través de tres historias e as palabras tecidas polo ex-presidente uruguaio, José Mujica, vémonos reflectidos nos migrantes africanos, traballadores españoles, empregados xaponeses ...e ao final dámonos de conta de que as clases sociais dividen pero a humanidade nos une. O que nos fai diferentes non é tanto como o que nos fai iguais. Calquera que sexa a clase ou a cor, esforzámonos polas mesmas cousas.
 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones