Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Club de Xubilados da Guarda pide axuda ao concello

A xestora provisional está facendo esforzos para contactar con socios que queiran botar unha man para evitar o peche do club, cousa que sucederá se non aparece unha nova directiva antes de fin de ano.

A xestora provisional está facendo esforzos para contactar con socios que queiran botar unha man para evitar o peche do club, cousa que sucederá se non aparece unha nova directiva antes de fin de ano, data na que remata o seu compromiso.

Fecha: 29 de Noviembre de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

Representantes do Club de Xubilados da Guarda mantiveron no concello unha reunión co alcalde, Antonio Lomba, e a concelleira de Servizos Sociais, Tere Vicente, para trasladarlles a súa preocupación pola situación que están a pasar por non ter directiva nin perspectivas de que alguén se faga cargo do club.

Os problemas comezaron cando o anterior presidente se viu obrigado a deixar o cargo por problemas de saúde. Dende ese momento, fixéronse responsables de forma eventual membros da súa directiva co compromiso de convocar un pleno no que debían presentarse novos candidatos para levar o club, e así o fixeron pero non se presentou ninguén

A xestora provisional está facendo esforzos para contactar con socios que queiran botar unha man para evitar o peche do club, cousa que sucederá se non aparece unha nova directiva antes de fin de ano, data na que remata o seu compromiso.

Nesta reunión trasladaron a súa preocupación aos responsables municipais, nela falaron das consecuencias que a desaparición do club podería ter. Unha das primeiras sería a perda do local no que teñen a súa sede, que é propiedade do ISM. Corren perigo tamén de desaparecer as numerosas actividades que dende fai moitos anos vén realizando o club: Coral, grupo de gaitas, bordado, Tai Chi, bolillos, etc.

O alcalde comentou a importancia social que o club ten para A Guarda e a enorme perda que implicaría o seu peche, así como o prexuízo que xeraría a moitos dos seus socios por ser un elemento fundamental do dinamismo social, cultural e da actividade física para os seus numerosos compoñentes que nestes momentos roldan os 500.

Todos os presentes na reunión adquiriron o compromiso de continuar mantendo contactos persoais con xente da vila que estea disposta a comprometerse para seguir mantendo vivo o club. É necesaria a implicación da cidadanía para manter vivo aquelo que realmente importa. Neste caso o Club debe importarnos moito a todos os guardeses, poderíamos dicir aquelo de que o Club da 3ª idade é cousa de todos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones