Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O COMERCIO PONTEVEDRÉS DEBATE NA GUARDA SOBRE EMPRENDEMENTO E NOVAS TECNOLOXÍAS COMO CLAVES DO FUTURO DO SECTOR

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, participou nun taller organizado en colaboración coa Federación Galega de Comercio no que diferentes empresas presentaron as súas experiencias de éxito baseadas na innovación

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, participou nun taller organizado en colaboración coa Federación Galega de Comercio no que diferentes empresas presentaron as súas experiencias de éxito baseadas na innovación

Fecha: 27 de Noviembre de 2015

Fuente: Xunta de Galicia

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, participou hoxe na Guarda nun Taller de Emprendemento e Creatividade Tecnolóxica, organizado pola Federación Galega de Comercio en colaboración coa Consellería de Economía, Emprego e Industria, no que se debateu sobre as iniciativas emprendedoras, o smart commerce e as novas tecnoloxías como claves do futuro do sector.

No Taller, que tivo lugar na sede de ACIGU, achegouse información sobre as distintas ferramentas a disposición dos comerciantes, ao tempo que as empresas Coser y Cantar , Joyería Alonso, Perfumerías Chévere e Altamar presentaron as súas experiencias de éxito.

O obxectivo da iniciativa, que se está a celebrar nas catro provincias galegas, é transmitir información e exemplos de aptitudes que permitan ao comercio de proximidade responder aos diferentes desafíos e oportunidades, achegando medios para impulsar a súa competitividade a través do emprego de novas canles de promocion e venda, fidelización e coñecemento do consumidor.

A aposta polo smart commerce, establecendo un novo modelo de comercio intelixente que sitúe o cliente no centro da súa estratexia, é un dos eixos do novo Plan de Impulso ao Comercio de Galicia, no que se aposta por incrementar a innovación no comercio galego como un dos factores clave para mellorar a súa posición competitiva, impulsando o comercio electrónico e novas fórmulas de comercialización dos produtos, así como de mellora do seu deseño e presentación.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones