Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Comité de empresa do San Xerome Emiliani da Guarda denuncia o despedimento de dous traballadores

O Comité fai un chamamento a apoiar a manifestación deste mércores 26 de abril na Guarda

O Comité fai un chamamento a apoiar a manifestación deste mércores 26 de abril na Guarda

Fecha: 26 de Abril de 2017

Fuente: CIG-Ensino

O Comité de Empresa do Centro San Xerome Emiliani, por unanimidade dos seus membros, delegados e delegadas da CIG-Ensino e da CUT, acordou facer público:

1.- A súa solidariedade e apoio aos traballadores despedidos o día 3 de abril. Este Comité considera indigna a presión psicolóxica á que foron sometidos durante días, ao trasladarlles a eles que debían decidir entre os dous quen era a persoa que marchaba despedida, para logo despedir aos dous incumprindo o prazo de quince días que prescribe o Estatuto dos Traballadores.
Por este motivo, facemos un chamamento a participar na manifestación convocada pola CIG-Ensino na Guarda este 26 de abril, ás 12 da mañá na Alameda.

2.- Con este despedimento o Xerente do Centro San Xerome está a desmantelar o Centro Especial de Emprego: deixa a seis traballadora/es con necesidades de apoio sen o persoal que os dirixe e asesora, persoal polo que o centro percibe bonificacións da Xunta. Os traballadores despedidos son persoal subrogado do Concello da Guarda, para o que viñan realizando os traballos de xardinería.

3.- A Xerencia e a Dirección do centro alegan causas económicas, mais o Concello da Guarda está a pagar puntualmente todas as facturas do San Xerome e non ten ningunha débeda co centro.

4.- Rexeitamos a política de despedimentos seguida pola Xerencia e inexcusabelmente apoiada pola Dirección da Asociación. Estes dous despedimentos prodúcense ao cumprirse catro anos dos primeiros. Aquela fora xa unha situación moi grave. Tamén naquela ocasión a Xerencia alegou motivos económicos, mais estes non foron recoñecidos polo Xulgado que declarou improcedentes os catro despedimentos e mesmo recolle como feitos probados que a Xerencia colocou a Asociación San Xerome en "situación de iliquidez precisamente en previsión dos despedimentos" retirando o diñeiro da conta da Asociación e ingresándoo na do Centro Especial de Emprego. Proba de que as causas económicas non poden ser reais é a cantidade de diñeiro que a Xerencia e a Dirección invirten nos despedimentos.

5.- Desde 2013 son sete os despedimentos improcedentes realizados no San Xerome, ademais de todas as rescisións de contrato e un despedimento negociado coa empresa a finais do ano 2016, é dicir estamos falando de máis dunha ducia de persoas represaliadas coa perda do traballo.

6.- Este Comité rexeita a actitude do Xerente do San Xerome e reclama un cambio á Dirección do Centro, pois desde a súa chegada ao posto en 2008 o centro pasa de un conflito a outro sen descanso.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones