Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

O concello da Guarda acende este luns a iluminación de nadal

rátase dunha axenda que abarca a programación dende este comezo de mes ata o domingo 15 de xaneiro

rátase dunha axenda que abarca a programación dende este comezo de mes ata o domingo 15 de xaneiro

Fecha: 05 de Diciembre de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

Coincidindo co inicio do mes de decembro, o concello da Guarda vén de presentar a Axenda de Nadal 2016. Trátase dunha axenda que abarca a programación dende este comezo de mes ata o domingo 15 de xaneiro e que inclúe diversas actividades, co obxectivo de que resulten atractivas para todos nestas datas tan sinaladas.

Dado que falamos do Nadal, os nenos e nenas son os grandes protagonistas desta axenda. Contarán con tres obradoiros de decoración infantís e con dúas sesións de cinema infantil no Centro Cultural o 23 de decembro e o 4 de xaneiro cos films "Cuento de Navidad" e "Los Minions". Tamén haberá diversos espectáculos como o "MAGO RAFA" o xoves 29 de decembro ás 17'30 horas no centro Cultural, así como a visita de Papá Noel organizada por AGUDE ou a tradicional Cabalgata de Reis o 5 de xaneiro.

Pero os adultos e as familias tamén terán numerosos plans neste Nadal. A axenda conta con tres concertos neste mes de decembro: o do Conservatorio o día 15 de decembro, o Festival de Nadal das Pandereteiras o 17 e o Concerto de Panxoliñas o día 18. Continuarán os Invernos de Cine con dúas novas proxeccións no Centro Cultural, ademais de haber teatro para adultos, Música nas rúas e Chocolatadas na Praza de Abastos os días 22 e 29 de decembro.

Este luns, acendido da iluminación de Nadal
A campaña de Nadal da Guarda arranca oficialmente este vindeiro luns 5 de decembro pola tarde co acendido da iluminación do Nadal en toda a vila, que irá acompañado dunha caravana de Nadal e animación na Praza do Reló ofrecida polos comerciantes da Guarda e o Mercado do Reló, ás 20 horas, coa inauguración oficial do Nadal guardés. Os comerciantes xa amosaron a súa implicación coa campaña de Nadal da vila acudindo o pasado sábado ao obradoiro de decoración "Un adorno para o Nadal guardés" e coa participación no programa "Decora o teu Nadal", por parte das asociacións culturais e deportivas da vila.

Dende o concello da Guarda deséxase que os veciños e veciñas da Guarda teñan un bo Nadal e convídaos a participar nas numerosas actividades, para tódolos públicos e gustos, que encherán as rúas da Guarda de espírito navideño.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí