Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONCELLO DA GUARDA ACOLLE UNHAS CONFERENCIAS SOBRE EDUCACIÓN COA PRESENZA DE CATEDRÁTICOS

Estas actividades divulgativas están concibidas como tertulias-coloquios informais en tempo de verán

Estas actividades divulgativas están concibidas como tertulias-coloquios informais en tempo de verán

Fecha: 20 de Julio de 2015

Fuente: www.aguarda.es

Durante os meses de xullo, agosto e setembro, o Concello da Guarda acollerá unhas conferencias sobre educación baixo o nome "Diálogos en Educación", que atraerá a decenas de mestres e mestras á vila.

Estas conferencias, que son das máis importantes deste sector a nivel galego, serán impartidas por diferentes catedráticos das universidades de Galicia no antigo Colexio Santiago Apóstol (Colexio PP. Xesuítas. A Pasaxe, Camposancos), xermolo finesecular das Universidades de Deusto e Comillas.

A primeira cita foi o xoves día 2 de xullo. Nesta primeira ponencia, Concepción Sánchez Blanco, chegada da Universidade da Coruña falou sobre as "Infancias nómadas. Educando no dereito á mobilidade".
Alfredo Campos García, da Universidade de Santiago de Compostela, dará a segunda conferencia o día 7 de xullo. Nesta ocasión Campos se centrará na "Importancia da memoria e as estratexias de aprendizaxe no ensino".

O xoves 23 de xullo a charla "De formar crentes a formar cidadáns: unha mirada crítica dende a pedagoxía" será impartida por Jurjo Torres Santomé, da Universidade da Coruña. Unha semana despois, chegado dende a Universidade de Vigo, Xosé Manuel Cid, falará sobre os "Mestres republicanos: o compromiso coa modernidade educativa".

Xa en agosto, o día 20, Antón Costa Rico, da Universidade de Santiago, falará ós presentes das "Luces e sombras na política educativa galega desde a transición democrática". Sete días despois, Miguel Anxo Santos, da mesma universidade ca o anterior, falará sobre "Os concellos e a educación. Problema ou oportunidade".

As últimas conferencias terán lugar no mes de setembro. Así o día 3 Araceli Serantes Pazos, da Universidade da Coruña, impartirá a charla "A conciencia ambiental: unha necesidade social e un reto educativo".

Este ciclo de ponencias se pechará con Pedro Caselles Beltrán, traballador do Ministerio de Educación, que falará sobre a "Política e educación. Camiño de volta dun técnico do estado na transición democrática".

Este evento está organizado polo Concello da Guarda en colaboración co Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Facultade de Ciencias de Educación da Universidade da Coruña, baixo a coordinación de Xosé M. Malheiro Gutiérrez.

Estas actividades divulgativas están concibidas como tertulias-coloquios informais en tempo de verán, pero rigorosa no que compete no motivo da mesma, que non é outro que abordar múltiples aspectos relacionados coa problemática educativa desde diversos ángulos, conducidas por diferentes expertos no ámbito universitario.

Todas as conferencias comezarán ás 21 horas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones