Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

O Concello da Guarda agasalla ás asociacións que participaron na campaña -Decora o teu Nadal-

Participaron nunha nunha iniciativa que busca potenciar a participación das asociacións da vila, dándolles visibilidade e protagonismo na organización e decoración urbana do Nadal 2016

Participaron nunha nunha iniciativa que busca potenciar a participación das asociacións da vila, dándolles visibilidade e protagonismo na organización e decoración urbana do Nadal 2016

Fecha: 18 de Enero de 2017

Fuente: Concello de A Guarda

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, e a concelleira de Cultura, Elena Baz, recibiron este martes 17 de xaneiro no edificio do concello ás asociacións que participaron na campaña "Decora o teu Nadal".

Neste encontro quixeron entregarlles un pequeno agasallo en recoñecemento da labor realizada polas seis asociacións que colaboraron na decoración dalgunhas das principais prazas da vila neste Nadal. Así, acudiron ao concello representantes das asociacións Vento Mareiro, Xamaraina, Sopa de Sobre, San Xerome, Avelaíña, Sporting Guardés que decoraron a Praza do Reló, as prazas da contorna da Igrexa, a "Alamediña", a praza do Coruto e a Alameda, respectivamente.

A concelleira agradeceu aos representantes a súa participación e destacou a calidade das decoracións, que ano a ano se superan, e falou de como esta iniciativa tamén anima que aos propios veciños e veciñas da vila se impliquen na decoración da vila nunhas datas tan sinaladas.

Pola súa banda o alcalde tamén agradeceu o traballo das asociacións, non só na colaboración nesta campaña, senón ao longo do ano e recalcou a boa aceptación dos veciños e como recibiron numerosas felicitacións pola organización e pola decoración do Nadal, na que foi imprescindible a labor de asociacións e cidadáns, que axudaron a embelecer aínda máis a xa de por si fermosa vila da Guarda.

Deste xeito, dende o concello da Guarda quérese agradecer, recoñecer e celebrar o traballo destas asociacións, que participaron nunha nunha iniciativa que busca potenciar a participación das asociacións da vila, dándolles visibilidade e protagonismo na organización e decoración urbana do Nadal 2016 e quedan convidadas a repetir a experiencia o vindeiro Nadal.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí