Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O concello da Guarda apoia a campaña a prol dos refuxiados #EuAcollo

Na reunión mantida co alcalde da Guarda, dende Amnistía Internacional pedíronlle a presentación da moción sobre o refuxio no próximo pleno da vila.

Na reunión mantida co alcalde da Guarda, dende Amnistía Internacional pedíronlle a presentación da moción sobre o refuxio no próximo pleno da vila.

Fecha: 11 de Febrero de 2017

Fuente: Concello de A Guarda

Este xoves día 9 de febreiro pola mañá, o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, recibiu a representantes da ONG Amnistía Internacional, que acudiron ao concello para presentar ante o rexidor a súa campaña #EuAcollo.

 

Trátase dunha iniciativa motivada pola excepcional situación de millóns de refuxiados en todo o mundo. Por primeira vez dende a Segunda Guerra Mundial o número de persoas desprazadas dos seus fogares como consecuencia dos conflitos, a persecución, e as violacións de dereitos humanos nos seus países de orixe superou os 65 millóns. Por isto, e ante a escasa resposta da comunidade internacional e os gobernos europeos, que non están dando unha resposta adecuada á situación, Amnistía Internacional lanza esta campaña para impulsar e promover a acollida de refuxiados.






Na reunión mantida co alcalde da Guarda, dende Amnistía Internacional pedíronlle a presentación da moción sobre o refuxio no próximo pleno da vila. O alcalde adquiriu o compromiso de levar a moción á próxima comisión de asuntos plenarios. Os concellos que se unen a este manifesto instan ao Goberno de España a axilizar o proceso de traslado de persoas refuxiadas a España mediante a súa recolocación e reasentamento e a cumprir no prazo previsto os compromisos acordados coa UE de acoller a 17.337 persoas, das que de momento só acolleu a 979.

 

Xunto coa acción para acadar a participación dos concellos, a campaña #EuAcollo tamén busca a unión dos e das cidadáns. Por iso todo o que o desexe pode adherirse no enlace https://www.es.amnesty.org/actua/acciones/manifiesto-yoacojo/ a un manifesto semellante de xeito individual para pedirlle ao goberno que cumpra coas súas obrigas internacionais e proporcione aos refuxiados unhas condicións de acollida dignas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones