Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

O Concello da Guarda aproba a compra da finca de Fínola

Despois das negociacións levadas a cabo polo equipo de goberno, acadouse coa propiedade un prezo de 308.000? impostos incluídos.

Despois das negociacións levadas a cabo polo equipo de goberno, acadouse coa propiedade un prezo de 308.000? impostos incluídos.

Fecha: 01 de Agosto de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

No pleno ordinario celebrado o pasado Luns día 30 de xullo de 2018, a corporación local aprobou o Expediente 1950/2018 de crédito extraordinario, para a adquisición da Parcela coñecida coma «Fínola», ao carón da Alameda da Guarda.

O interese municipal desta finca parte da necesidade de asegurar a longo prazo que, no casco urbano da vila, con deficiencias de espazos públicos amplos destinados ao lecer da veciñanza, se configure un área de solo público formada pola actual Alameda, a finca que se pretende adquirir e os xardíns do Centro Cultural. Desta maneira, sucesivas corporacións municipais poderán decidir o uso máis adecuado ao interese xeral, sen necesidade de esperar ao desenvolvemento urbanístico desta zona, evitando a construción privada na finca obxecto da adquisición. Así mesmo aproveitase a excelente oportunidade económica, derivada da situación do mercado inmobiliario no momento actual.

Independentemente do futuro uso da parcela a adquisición vai a permitir regularizar o aparcamento de vehículos, que neste momento depende da boa vontade do actual propietario.

Despois das negociacións levadas a cabo polo equipo de goberno, acadouse coa propiedade un prezo de 308.000€ impostos incluídos.

Esta compra foi apoiada na sesión plenaria do pasado luns polo Grupo Municipal Socialista, Partido Popular e a concelleira non adscrita, Fátima Iglesias, cos votos en contra de Bloque Nacionalista Galego e Converxencia Galega.

O interese da compra desta finca xa fora tratado no pleno de maio do ano 2017, onde o resultado da votación fora a aprobación unánime.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí