Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello da Guarda asina coa deputación o convenio para a execución do proxecto Deporemse

Carmela Silva asinou en Pontevedra proxectos con alcaldesas e alcaldes de 21 concellos dos 31 beneficiarios do Plan de Remodelación e Mellora da Seguridade dos Viarios Municipais

Carmela Silva asinou en Pontevedra proxectos con alcaldesas e alcaldes de 21 concellos dos 31 beneficiarios do Plan de Remodelación e Mellora da Seguridade dos Viarios Municipais

Fecha: 23 de Noviembre de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asinou esta mañá, no Pazo Provincial, co alcalde da Guarda, Antonio Lomba, o convenio de colaboración para a execución do proxecto beneficiario do Plan de Remodelación e Mellora da Seguridade dos Viarios Municipais (DepoRemse). Xunto á presidenta Carmela Silva e ao alcalde do municipio, tamén estivo o deputado provincial de Cooperación Carlos López Font. Os concellos de Tomiño e Tui, tamén beneficiarios do Plan DepoRemse, asinarán os seus respectivos convenios nos próximos días.

O proxecto que se vai financiar na Guarda, a través do Plan DepoRemse, consiste na mellora da mobilidade e seguridade no entorno da Rúa Vigo e Celta. Ten un custo total de 588.235,29 euros, dos que a Deputación achega 500.000 euros.

En total, o Plan de Remodelación e Mellora da Seguridade dos Viarios Municipais (DepoRemse) beneficia a 31 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, cun investimento de 11 millóns de euros. A través de DepoRemse, a Deputación impulsa proxectos que van permitir aos concellos remodelar rúas e viarios a fin de facilitar a comunicación entre espazos de emprego e de uso social, sanitario ou educativo, así como mellorar aqueles trazados que soportan unha alta densidade de tráfico tanto peonil como rodado. Trátase dun novo instrumento de cooperación entre a institución provincial e os concellos que busca unha mobilidade sostible que dea prioridade á seguranza e á mobilidade peonil nas infraestruturas viarias.

Na sinatura dos convenios de colaboración, a presidenta recoñeceu o esforzo dos concellos da provincia por recuperar os espazos públicos para as persoas e de aí que o Plan DepoRemse vaia contribuír a este obxectivo, "logrando que os vehículos non ocupen o primeiro lugar nos nosos pobos e vilas e as persoas pasen a ser a prioridade". Carmela Silva aproveitou ademais o acto de hoxe para demandar que os procedementos administrativos para poder levar adiante os proxectos "sexan cada vez máis áxiles, menos gravosos e menos complicados, xa que non só é algo que afecta ao desenvolvemento dos proxectos, senón tamén á súa execución".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones