Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello da Guarda celebra o 180º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro coa -Semana por Rosalía-

O vindeiro 24 de febreiro cúmprense 180 anos dende o nacemento da escritora máis recoñecida e ilustre da literatura galega: Rosalía de Castro.

O vindeiro 24 de febreiro cúmprense 180 anos dende o nacemento da escritora máis recoñecida e ilustre da literatura galega: Rosalía de Castro.

Fecha: 24 de Febrero de 2017

Fuente: Concello de A Guarda

O vindeiro 24 de febreiro cúmprense 180 anos dende o nacemento da escritora máis recoñecida e ilustre da literatura galega: Rosalía de Castro. Con motivo deste aniversario tan especial, dende a Concellería de Cultura da Guarda celebrarán a data coa "Semana por Rosalía", cinco días de actividades adicados a ensalzar e coñecer máis unha figura clave da cultura galega.
 
 





Unha das actividades programadas é "Rosalía na Escola" e desenvolverase do luns ao mércores, entre os días 20 e 22 de febreiro. Durante eses tres días Maruxo ofrecerá un recital de poemas nos centros de primaria da vila.

Tamén os días 20 e 21 de febreiro os alumnos e alumnas dos centros de secundaria da Guarda realizarán un "Mural por Rosalía", cun deseño para render homenaxe á autora.

Ademais, ese xoves 23 de febreiro o concello da Guarda organiza o "Festival por Rosalía", no Centro cultural ás 20'30 horas. Nesta celebración da vida e obra da ilustre escritora haberá un recital de poemas de Rosalía a cargo de Maruxo e de rapaces da vila, ademais das actuacións de Coro Fuscalheiro, Son'Godins e o grupo de baile Xamaraina.

Para rematar esta semana adicada a Rosalía de Castro, o sábado 25 de febreiro terá lugar unha nova sesión de Contos Contados, ás 11'30 horas na Biblioteca Municipal, na que os máis cativos da vila tamén aprenderán a importancia dunha poetisa que marcou un antes e un despois na cultura e na literatura galega e española.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones