Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello da Guarda celebrará unha xuntanza informativa sobre a humanización de Concepción Arenal

A reunión comezará ás 21:00 horas, o vindeiro xoves, 25 de xaneiro no Centro Cultural.

A reunión comezará ás 21:00 horas, o vindeiro xoves, 25 de xaneiro no Centro Cultural.

Fecha: 25 de Enero de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

O vindeiro xoves, 25 de xaneiro, o Concello da Guarda celebrará unha xuntanza na que o equipo de goberno ofrecerá información sobre o proxecto de humanización da rúa Concepción Arenal a todas aquelas persoas que asistan. A reunión comezará ás 21:00 horas no Centro Cultural.

O proxecto


O pasado 3 de xaneiro, o Concello da Guarda e a Deputación de Pontevedra asinaron o convenio de colaboración para executar as obras de urbanización da rúa. No documento recóllese o compromiso da institución provincial de asumir o 70% do custe da obra (1.119.128 €), mentres que o Concello asumirá o restante 30 % (479.626 €).

Esta actuación contempla a renovación de tódolos servizos da parte máis alta da rúa, ata o cruce con Domínguez Fontela. A nova vía terá unha plataforma única en toda a súa lonxitude, creando un espazo de lecer na praza Avelino Vicente e ampliando as zonas de espallamento no entorno de San Bieito. Terá unha circulación de vehículos calmada, cunha limitación de 20 km/h para favorecer a mobilidade peonil. A circulación será en dobre sentido en toda a rúa, permitindo a subida de autobuses e transportes pesados. A plataforma única permite delimitar con mobiliario as zonas destinadas a circulación de vehículos e o espazo para os peóns.

Para humanizar a rúa, tamén será necesario reubicar as prazas de estacionamento que existen na actualidade.Neste sentido, xa se habilitaron 30 novas prazas na última reforma da rúa Manuel Álvarez e, ademais, o Concello creará novas zonas de aparcamento para que, cando remate a obra, a oferta de estacionamento -a unha distancia de 5 minutos de calquera punto da rúa- sexa maior que a actual.

Esta é unha actuación de gran importancia para A Guarda, posto que afecta a unha das nosas rúas principais. É por isto que o equipo de goberno, consciente de que as obras sempre producen molestias, leva tempo traballando co obxectivo de minimizar os inconvenientes. Nesta liña, realizouse un estudo das alternativas de tráfico e das fases de execución, para que a repercusión das obras nos meses de verán sexa nula. Unha vez realizada a licitación por parte da Deputación, a empresa adxudicataria e o Goberno local sentaranse para programar a súa execución.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones