Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello da Guarda celebrou o Día Internacional do Orgullo LGBT

As autoridades guardesas izaron a bandeira coas cores do arco da vella, imaxe do colectivo, no consistorio da localidade

As autoridades guardesas izaron a bandeira coas cores do arco da vella, imaxe do colectivo, no consistorio da localidade

Etiquetas del contenido

Fecha: 29 de Junio de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, a concelleira de Turismo, Montse Magallanes e a concelleira de Servizos Sociais, Mª Teresa Vicente, amosaron o apoio do concello á comunidade LGBT este martes día 28 de xuño no que se celebra, como cada ano, o Día Internacional do Orgullo LGBT.

As autoridades guardesas izaron a bandeira coas cores do arco da vella, imaxe do colectivo, no consistorio da localidade para respaldar, neste acto simbólico, o Día do Orgullo LGBT e impulsar a tolerancia e igualdade entre as persoas sexa cal sexa a súa orientación sexual.

Este día conmemora os disturbios de Stonewall, unha serie de manifestacións que tiveron lugar o 28 de xuño de 1969 en Estados Unidos e que se consideran o primeiro acto de loita contra o sistema en prol dos dereitos do colectivo. O que se busca é dar visibilidade ao colectivo homosexual, bisexual e transexual; historicamente silenciado e perseguido. Tódolos anos esta é unha celebración especial, pero nesta ocasión aínda o é máis se cabe, co recente tiroteo nun clube gai de Orlando na mente de todos.

O concello da Guarda desexou a todos os seus veciños e veciñas un bo día do Orgullo LGBT e expresou o seu desexo de que acaben os ataques, como o de este ano, a un colectivo que só pretende ter igualdade de dereitos e desfrutar da vida en paz.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones