Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O concello da Guarda chama á cidadanía a facer un uso responsable dos recursos hídricos ante as previsións de seca

O Concello recomenda prestar atención aos nosos hábitos de consumo de auga có fin de facer un uso responsable dos recursos hídricos

O Concello recomenda prestar atención aos nosos hábitos de consumo de auga có fin de facer un uso responsable dos recursos hídricos

Etiquetas del contenido

Fecha: 09 de Julio de 2022

Fuente: Concello da Guarda

Os episodios de seca son cada vez máis frecuentes na zona do Baixo Miño e, por iso, o Concello da Guarda fai un chamamento á cidadanía para realizar un consumo resposable dos recursos hídricos. Para iso, recoméndase prestar moita atención aos nosos hábitos, que ocasionan un gran impacto nas reservas hídricas.

Que podemos facer nós para aforrar auga?

No lavabo: cando se lave as mans, os dentes ou se estea a afeitar non esqueza pechar a billa cando non o estea a usar a auga.

Na ducha: dúchese en vez de bañarse e aproveite para encher recipientes mentres espera a que saia a auga quente.

No wc: o inodoro non é unha papeleira, evite tirar da cadea sen necesidade e opte por cisternas de dobre carga priorizando usar a de menor capacidade.

Na cociña: se frega a man evite ter a billa aberta se non a está a usar. Empregue o lavalouza e a lavadora cando estean cheos e lavados innecesarios.

Coa comida: aproveita a auga de cocción ou de lavar alimentos para regar as plantas e pensa na pegada hídrica á hora de mercar os teus alimentos.

Na horta: intenta empregar a mangueira só o imprescindible e, se fose posible, instala rego por goteo e rega ao amencer ou atardecer para evitar evaporacións

Coa piscina: tapa a piscina fora de tempada de baño e instala un sistema de limpeza e recirculado para evitar o seu baleirado e posterior enchido.

Coche e terrazas: evite malgastar auga no lavado dos cohes e no baleirado das terrazas e balcóns.

Dende o Concello da Guarda inciden en que a poboación extreme as precaucións no uso deste ben, xa que se fai preciso adoptar medidas de aforro e uso responsable da auga a estas alturas do verán, ante a predición de tódolos modelos meteorolóxicos que apuntan a que este verán vai a ser moi seco.

"Hai que ter en conta que nestas datas e ata outubro a nosa vila ten un incremento de persoas importante co gasto de auga que iso ocasiona, por todo iso pedimos a colaboración de todos e todas", indican dende o concello.

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí