Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONCELLO DA GUARDA COMEZOU A LIMPEZA MANUAL DE PRAIAS CARA AO VERÁN

A brigada de limpeza de praias está composta por catro traballadores contratados ao abeiro do Plan Concellos da Deputación para este fin

A brigada de limpeza de praias está composta por catro traballadores contratados ao abeiro do Plan Concellos da Deputación para este fin

Fecha: 25 de Mayo de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

Despois da limpeza de urxencia que tivo que facerse nas praias en Semana Santa, o Concello da Guarda está realizando unha limpeza manual exhaustiva das praias para preparalas e telas en bo estado cara ao verán que dará comezo o próximo mes.

A brigada de limpeza de praias está composta por catro traballadores contratados ao abeiro do Plan Concellos da Deputación para este fin. O obxectivo desta brigada é manter, durante a época estival, os areais e os servizos das praias limpos e en bo estado. Para o plan de choque inicial, dado a cantidade de lixo acumulado, esta brigada esta reforzada con catro traballadores máis.


Despois de obter permiso de Medio Ambiente para realizar unha primeira limpeza mecanizada, dende o Concello optouse por unha limpeza manual como se ven realizando nos últimos anos. Esta limpeza é moito máis custosa pero tamén moito mellor en termos de conservación medioambiental. O sistema que se está a empregar consiste na acumulación de lixo en montes ou en sacos, segundo o tamaño dos fragmentos, para que logo un tractor faga o traslado ata o punto de recollida do camión. En ningún caso se utilizan sistemas mecánicos de rastrillado da area. Queremos conseguir un uso da praia e do seu entorno no que a xente poida gozar da natureza con criterios de sostibilidade medioambiental.


A previsión é ter rematado nunha semana o plan de choque para logo continuar co mantemento diario. Para ter as praias limpas durante o verán o Concello solicita a colaboración dos usuarios para que non deixen lixo nin bolsas nos areais e o trasladen aos contedores habilitados para tal efecto. Manter as praias en bo estado é cousa de todos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones