Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

O Concello da Guarda e a Asociación Rock n Rolla valoran positivamente a Iª edición do Interlude Fest

Este evento multicultural, congregou a máis de dous milleiros de persoas que dende as 11:00h da mañá participaron nas diferentes actividades programadas

Este evento multicultural, congregou a máis de dous milleiros de persoas que dende as 11:00h da mañá participaron nas diferentes actividades programadas

Fecha: 07 de Julio de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

O venres día 6 de xullo de 2018 o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a Concelleira de Cultura, Elena Baz, reuníronse cos representantes da Asociación Rock´n´Rolla, organizadora do I Interlude Fest celebrado o pasado sábado 30 de xuño no Castelo de Santa Cruz.

Nesta reunión valoráronse múltiples aspectos desta primeira edición, de cara a melloralos nas vindeiras edicións, para a consolidación dun evento, que aspira a converterse nunha cita máis do calendario e programacións da axenda cultural de verán do Concello da Guarda.

Este evento multicultural, congregou a máis de dous milleiros de persoas que dende as 11:00h da mañá participaron nas diferentes actividades programadas, cun mercado solidario en colaboración co colectivo solidario Conrazones, mercado de artesanía, así coma probas deportivas un campionato de petanca, xogos populares e actividades para os máis pequenos da casa.

A implicación de veciños e visitantes foi moi boa, superando as espectativas iniciais da organización do evento, achegándose tamén xente de toda a comarca do Baixo Miño e arredores. Durante a xornada contouse coa amenización musical do Trebón dos Xidos e Gaiteiros do Fuscalho.

Xa pola noite, dende as 20:00h os concertos amenizaron esta Iª edición contando coa participación dos grupos Perseide, Tati's Joplin, Santos Morcegos, Mano de Piedra, Terader, Kuna de Odio, Teseracto e Sulf-atäR.

As actividades foron totalmente de balde e contouse coa colaboración do Concello da Guarda e diferentes casas comerciais.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí