Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello da Guarda e a Deputación de Pontevedra anuncian a redacción dunha proposta de mobilidade para A Guarda

Iniciativa que contou coa inmediata aprobación do equipo de goberno Guardés.

Iniciativa que contou coa inmediata aprobación do equipo de goberno Guardés.

Fecha: 20 de Octubre de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

Despois de que o Concello da Guarda presentara diante da Deputación de Pontevedra unha proposta para a humanización da rúa Concepción Arenal e de manter varias reunións en relación a esta obra, a Deputación propuxo ao goberno guardés a integración desta humanización nunha proposta de mobilidade sostible global para todo o Concello. Iniciativa que contou coa inmediata aprobación do equipo de goberno Guardés.

A necesidade de facer un estudo deriva da importancia desta rúa no que respecta ao tránsito de persoas e vehículos dentro do Concello. A Deputación xustifica esta iniciativa tendo en conta tamén que Concepción Arenal é unha vía provincial dentro dun casco urbano e das que máis tráfico soporta entre as vías da Deputación.


Na proposta inicial que o alcalde da Guarda presentou na Deputación para a humanización desta rúa xa contemplaba dar preferencia aos peóns sobre os vehículos naqueles lugares que era posible, en concreto, a peonalización da Praza Avelino Vicente.

A reunión tivo como obxectivo a presentación diante dos grupos da corporación do Concello da Guarda da redacción dun estudo de mobilidade sustentable no que, en palabras do deputado de mobilidade Uxío Benítez, a rúa Concepción Arenal sería unha peza clave. Segundo o deputado, a filosofía da proposta é que as rúas estean pensadas para as persoas e de que é necesario adaptar os espazos públicos a criterios de accesibilidade. Para isto se buscará, se é posible, que a proposta que se faga sexa aprobada por unanimidade dos grupos e senón, polo menos, que haxa unha maioría de consenso para un proxecto clave para A Guarda no que tódolos partidos poidan participar e aportar ideas.

Tamén asistiron á reunión os técnicos da empresa encargada de realizar este estudo. Comentaron que nesta primeira fase o traballo se organiza en dúas liñas: un estudo de campo sobre o terreo, e un análise a través da participación de persoas e axentes sociais implicados.


Na liña da participación ademais de buscar o consenso coa poboación crearase unha mesa de traballo cos grupos políticos para sacar conclusións e extraer propostas que podan cubrir as necesidades detectadas e que se transformen en obras concretas, como sucederá a corto prazo na rúa Concepción Arenal.

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, quixo expresar que a intención desta reunión era a de implicar a tódolos grupos políticos e que estes puideran transmitir as súas opinións, dúbidas e suxestións sobre a proposta nesta fase previa do estudo. Ademais, recalcou que dende o grupo de goberno teñen claro que existen unha serie de condicionantes, derivados das necesidades que plantea unha rúa da importancia que ten a de Concepción Arenal (con parada de autobús, baixada ao Porto, aparcadoiro, etc...) que se terán moi en conta. Subliñou que o estudo e o traballo de campo que está realizando a empresa é para detectar o que necesita A Guarda e buscar posibles respostas a estas necesidades.

Ademais, Miguel Español, concelleiro de Vías e Obras do Concello da Guarda, comentou a necesidade de realizar obra física en prazos concretos. Unha afirmación que contou co compromiso por parte dos representantes da Deputación, que calculan un prazo de 2 ou 3 meses para redactar a proposta de mobilidade de cara a realizar as obras en Concepción Arenal o vindeiro ano.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones