Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello da Guarda e Érguete Baixo Miño traballan na prevención das condutas aditivas

Todos os presentes concluíron que cara ó futuro é importante que os servizos sociais, Érguete e toda sociedade, traballen no eido da prevención.

Todos os presentes concluíron que cara ó futuro é importante que os servizos sociais, Érguete e toda sociedade, traballen no eido da prevención.

Fecha: 28 de Marzo de 2019

Fuente: Concello da Guarda

Na mañá do pasado martes día 26 de marzo celebrouse no concello da Guarda unha xuntanza a demanda do alcalde, Antonio Lomba, a que asistiron representantes da asociación Érguete Baixo Miño, a concelleira de asuntos sociais, Tere Vicente, ademais dunha traballadora social e a educadora familiar do concello da Guarda.

O obxectivo da xuntanza era coñecer o punto de vistas dos servizos sociais do concello e da asociación Érguete Baixo Miño, respecto da posible causa do incremento de roubos que se ten producido durante os últimos días no comercio local. Tendo en conta que existen indicios de que os presuntos responsables destes actos delitivos están relacionados co mundo das drogas.

Os asistentes a reunión coincidiron que detrás dos incidentes ilícitos están as vítimas que sofren o atentado contra a súa propiedade, pero tamén hai que ter en conta que os presuntos delincuentes son persoas enfermas con graves problemas de dependencia e que as súas familias tamén son vítimas desta situación.

Por parte de Érguete valoraron como imprescindible a colaboración dos xuíces para poder diminuír o número de delitos e a situación de alerta cidadá. Considerando ademais que, nalgunhas ocasións, a prisión preventiva dos reincidentes acaba exercendo un efecto positivo na súa saúde.

Todos os presentes concluíron que cara ó futuro é importante que os servizos sociais, Érguete e toda sociedade, traballen no eido da prevención. Só así se conseguirá combater o problema das drogas e minimizar unha das lacras máis importantes que sufre a nosa sociedade.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones