Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONCELLO DA GUARDA E ORPAGU CONVIDAN A PARTICIPAR NA RUTA -ESPADA EN TAPAS- QUE CONTINÚA ESTA FIN DE SEMANA

A ruta musical acompañará ós comensais mentres degustan os pinchos nos diferentes establecementos adheridos

A ruta musical acompañará ós comensais mentres degustan os pinchos nos diferentes establecementos adheridos

Fecha: 26 de Septiembre de 2015

Fuente: www.aguarda.es

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a xerente de ORPAGU, Juana Parada, xunto coa Concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes, visitaron algún dos locais participantes na segunda edición da ruta "Espada en Tapas". Mesta iniciativa once establecementos adheridos ofertan tapas de peixe espada gratuítas nas dúas últimas fins de semana de setembro.

Desta maneira, o venres día 25, o sábado e tamén o domingo, os restaurantes Aparthotel Marouco, Brisamar, Carla, Gaviota, Jamonería anabel, La Pizzicata, Marusía, O Cangrexal, Os Remos, Trasmallo e O Xeito, ofertarán de 12 a 13,30 horas e de 19 a 21 horas o pincho de peixe espada totalmente gratis.
Entre todos os participantes nesta ruta ORPAGU sortea unha cesta con un lote de produtos de peixe espada.

Ademais, o Concello entregará ás establecementos participantes unha fotografía profesional da súa receita e un diploma que faga constar o seu apoio, colaboración e participación no "Espada en Tapas".

Na presentación no evento, os responsables dos diferentes medios de comunicación fixeron unha cata das diferentes tapas e, nos próximos días, se fará pública a gañadora.

Ruta musical

O Concello da Guarda colabora ademais cunha ruta musical polas diferentes rúas onde se asentan os establecementos adheridos.

Así, hoxe venres, a partir das 19,30 horas, haberá breves actuacións do grupo "Deixandar" no Aparthotel Marouco, Brisamar, Jamonería Anabel, Pizzicata e Carla.

Mañá, sábado, tamén a partir das 19,30 horas, o pasarrúas do grupo "Lirolai" fará un desfile dende a Alameda ata o Porto, pasando polos establecementos desta ruta gastronómica.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones