Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

O CONCELLO DA GUARDA INSTALA UNHA CADEIRA ELAVADORA NA PISCINA PARA MELLORAR A SÚA ACCESIBILIDADE

O Concello da Guarda ven de instalar unha cadeira elevadora na piscina municipal para mellorar a súa accesibilidade.

O Concello da Guarda ven de instalar unha cadeira elevadora na piscina municipal para mellorar a súa accesibilidade.

Fecha: 03 de Octubre de 2015

Fuente: www.aguarda.es

Esta instalación, que supón un investimento de preto de 6.000 euros por parte do Concello, facilitará tanto o acceso como a saída da auga a todas aquelas persoas que teñan mobilidade reducida ou as persoas maiores con algunha limitación.

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba e o Concelleiro de Servizos, Paulino Rodríguez, xunto coa directora da piscina, Ana González, visitaron esta mañá as instalacións para coñecer, de primeira man o funcionamento desta cadeira e os diferentes servizos que ofrece.

Ana González afirmou que, dende que esta cadeira elevadora está instalada, son varias as persoas maiores que a utilizan, sobre todo, para saír da auga. Ademais, contou, a piscina municipal ten un usuario que usa cadeira de rodas polo que lle é moi útil.
"Penso que con esta ferramenta quizais podamos chegar a máis usuarios e ademais, moitos dos que xa temos non decidirán deixala cando comece a custarlle subir ou baixar polas escaleiras", comentou González.

Coa instalación desta cadeira elevadora, afirmou o Concelleiro de Servizos, dáselle resposta a unha demanda dos usuarios da piscina municipal.

Aínda que a súa instalación non é obrigatoria, o grupo de goberno municipal é moi sensible ás demandas de adaptación dos edificios locais ás necesidades das persoas con mobilidade reducida, polo que valora moi positivamente esta instalación.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí