Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONCELLO DA GUARDA INVITA ÓS ESCOLARES A DESFRUTAR DUNHA OBRA TEATRAL NA CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

A cita, a que acudirán uns 450 nenos e nenas, é o 23 de abril no Centro Cultural

A cita, a que acudirán uns 450 nenos e nenas, é o 23 de abril no Centro Cultural

Fecha: 23 de Abril de 2015

Fuente: www.aguarda.es

O Concello da Guarda invita a 450 escolares á celebración do Día Internacional do Libro que se organiza o próximo xoves 23 de abril no Centro Cultural do municipio.

A actividade, que está financiada polo Concello da Guarda en colaboración coa Axencia Galega de Industrias xunto coa Axencia de Turismo de Galicia, dentro do Programa Cultura no Camiño 2015, consiste, para os alumnos de Educación Primaria, nunha representación teatral baseada no conto de Hans Christian Andersen: "O parrulo feo". A moi premiada compañía de teatro infantil "Caramuxo Teatro", ofrecerá ós rapaces unha obra recentemente estreada, na que propón unha reflexión en clave de humor sobre as diferenzas entre as persoas e a diversidade cultural.

Os nenos e nenas acudirán a obra en dúas quendas; a primeira ás 10,30 horas e a seguinte a partir das 12. En total a representación ten unha duración aproximada de 45 minutos.

Pola súa banda, os alumnos e alumnas de Educación Infantil, tamén conmemorarán esta data acudindo á Biblioteca Municipal, situada tamén no Centro Cultural. Os máis cativos, xunto cos monitores e mestres, visitarán este espazo, moitos por primeira vez, para familiarizarse tanto cos libros tradicionais como cos exemplares electrónicos, cos que xa conta a biblioteca.

Con esta iniciativa o Concello busca ofrecer unha alternativa máis dinámica e entretida para que os escolares celebren o día Internacional do Libro. Coa visita a biblioteca espérase que os nenos e nenas de entre tres e catro anos, comecen a sentir interese pola lectura e coñezan un espazo público no seu municipio que se lle ofrecen numerosas publicacións gratuítas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones