Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello da Guarda lanza unha campaña de sensibilización en saúde mental en colaboración coa Asociación Avelaíña

Trátase dun vídeo cun formato de animación dirixido á poboación máis xove coa intención de que chegue ao maior número de persoas posibles e que tamén se utilice como ferramenta de traballo para entidades, profesorado, familias, etc

Trátase dun vídeo cun formato de animación dirixido á poboación máis xove coa intención de que chegue ao maior número de persoas posibles e que tamén se utilice como ferramenta de traballo para entidades, profesorado, familias, etc

Etiquetas del contenido

Fecha: 28 de Julio de 2022

Fuente: Concello da Guarda

O Concello da Guarda lanza unha campaña para sensibilizar sobre a saúde mental contando coa colaboración da Asociación Avelaíña. O acto, que tivo lugar na mañá do pasado venres día 22 no Concello da Guarda, contou coa  presencia de Antonio Lomba, alcalde de A Guarda; Fátima Rodríguez concelleira de educación; Patricia  Cuña, técnica da OMIX; Clara Suárez psicóloga de Asociación Avelaíña e Rafael Álvarez, Director Xerente da Asociación Avelaíña.

Tratase dun vídeo cun formato de animación que resulta atractivo para a poboación máis xove, permitindo unha difusión rápida e eficaz a través das redes sociais.

Desde o Concello transmítese unha gran preocupación polo empeoramento da saúde mental nos xoves que lles faen chegar desde centros educativos e familias. 

A adolescencia é unha etapa única e formativa e os cambios a nivel físico, emocional e social faen aos adolescentes vulnerables a sufrir problemas de saúde mental. A situación provocada pola pandemia elevou os factores de risco debido a illamento, restricións, incertidumbre, falecemento de familiares ou amigos, risco da propia saúde, etc.

Un Estudo de Unicef de 2021, "Estado Mundial da Infancia: Na miña Mente", amosa que a media de trastornos de saúde mental en xoves é en Europa do 13,2%, mentres que, en España, esa cifra elevase ata o 20,8%

Un estudo de Fundación Mutua Madrileña e Fundación FAD Juventud realizado a xoves, amosa que o 56,4% perciben que tiveron problemas psicolóxicos nos últimos 12 meses, pero a metade non pediu axuda profesional por vergoña, custe, ou non lle daban importancia.

O Concello contou para a elaboración do material da campaña, coa Asociación Avelaíña, entidade de referencia en saúde mental.

O vídeo compartirase nas redes sociais, medios de comunicación e farase chegar tamén aos centros educativos coa intención de que chegue ao maior número de persoas posibles e que tamén se utilice como ferramenta de traballo para entidades, profesorado, familias, etc.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones