Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Concello da Guarda lanza unha enquisa online para coñecer as necesidades formativas do tecido empresarial local

A Concellería de Desenvolvemento local prepara para este ano 2023 diversas píldoras formativas orientadas a favorecer a competitividade do sector hostaleiro e comercial da vila.

A Concellería de Desenvolvemento local prepara para este ano 2023 diversas píldoras formativas orientadas a favorecer a competitividade do sector hostaleiro e comercial da vila.

Etiquetas del contenido

Fecha: 30 de Enero de 2023

Fuente: Concello da Guarda

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Desenvolvemento Local que dirixe Fátima Rodríguez, lanza unha enquisa para coñecer as necesidades formativa do tecido empresarial da vila, especialmente para o sector da hostalaría e comercio.

Neste ano 2023 programaranse diversas píldoras formativas orientadas a favorecer a competitividade do sector hostaleiro e comercial da vila e é por elo que se quere coñecer cales son as demandas formativas existentes entre os empresarios e empresarias para facer unha formación axeitada ás súas necesidades.

Entre as propostas de formación para hostalaría destacan accións sobre Cata de cafés, Latte Art, Barista básico, Coñecementos xerais do café, Tiraxe de cervexa, Empratados e presentacións, Servizos de mesa, Cata de viños, Mellora da reputación online, Publicidade en Facebook e Instagram, Ciberseguridade empresarial: Antivirus, Copias de Seguridade, VPN´s... ou E-mail Marketing.

No caso do comercio as propostas van encamiñadas a accións sobre Publicidade en Facebook e Instagram, Ciberseguridade empresarial: Antivirus, Copias de Seguridade, VPN´s... ou E-mail Marketing.

 

Enquisa para hostalaría:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScNJunElMU1qoABaooVtN-B_bVZDw1A9HOuaQtZ_5Mfgo13Iw/viewform

Enquisa para comercio:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeUjOf2CNjiTX4w1dFyMHsMBBWqsSd7wpYIaIgPj7RSafueWw/viewform

Os empresarios e empresarias interesados/as en participar poden encher as enquisas ata o 31 de xaneiro de 2023, data na cal se pecharán as enquisas e se valorarán aquelas accións formativas máis demandadas, para axendar a súa realización en función dos horarios máis axeitados, que tamén se teñen en conta nas enquisas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí