Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONCELLO DA GUARDA LIMPA AS SÚAS PRAIAS

Entre os traballos tamén se encontra a instalación dos contedores para a recollida selectiva nos diferentes areais guardeses.

Entre os traballos tamén se encontra a instalación dos contedores para a recollida selectiva nos diferentes areais guardeses.

Fecha: 19 de Junio de 2015

Fuente: www.aguarda.es

Traballadores do Concello da Guarda levan máis de 15 días limpando os diferentes areais da localidade. En total, durante as quince xornadas de traballo nas praias, recolleron uns oitenta sacos de paus, madeira e outros restos chegados ás praias polas correntes do río. O que significa un volume aproximado de 80 metros cúbicos.

Sete persoas traballaron arreo dende a praia do Puntal ata os Estaleiros. Así, no verán estes areais poderán lucir a súa mellor versión para o desfrute dos veciños e veciñas da Guarda, pero tamén para os miles de visitantes que cada ano pasan as súas vacacións nesta localidade, e gozan das súas praias.


Diariamente tamén se traballa na limpeza das praias urbanas de Area Grande, Carreiro e Fedorento.

A Guarda aposta pola limpeza manual de tódalas praias da vila para minimizar o impacto negativo que pode supoñer esta posta a punto sobre a flora e a fauna. Ademais esta forma de facer contribúe a crear unha mellor conciencia na conservación e protección do entorno natural.

Entre os traballos tamén se encontra a instalación dos contedores para a recollida selectiva nos diferentes areais guardeses. A finais desta semana espérase que se termine coa súa colocación.

Este Concello conta, no 2015, con dúas bandeiras azuis, tanto na praia de O Muíño como en Area Grande. Ademais, o areal fluvial por excelencia da Guarda, conta tamén coa bandeira "Ecoplaya" que certifica a súa calidade dende un punto de vista ambiental. Unha das moitas premisas para conseguir este galardón, é, sen dúbida, que a limpeza da area sexa feita a man.
Ademais este Concello conta cun Sendeiro Azul, que recorre a costa unindo ás praias de O Muíño e Area Grande. Esta senda, que percorre 5,6 quilómetros, permite os paseantes descubrir os valores naturais e etnográficos da localidade.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones