Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONCELLO DA GUARDA ORGANIZA A FEIRA DO LIBRO CON DESCUENTOS DUN 20% NOS EXEMPLARES

O próximo domingo, 17 de maio, a Praza do Reló do municipio, se converterá nun escenario no que tanto os veciños e veciñas da localidade coma os visitantes, poderán gozar de diferentes actividades ó redor da literatura.

O próximo domingo, 17 de maio, a Praza do Reló do municipio, se converterá nun escenario no que tanto os veciños e veciñas da localidade coma os visitantes, poderán gozar de diferentes actividades ó redor da literatura.

Fecha: 04 de Mayo de 2015

Fuente: www.aguarda.es

O Concello da Guarda organiza un ano máis a "Feira do Libro", coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas. O próximo domingo, 17 de maio, a Praza do Reló do municipio, se converterá nun escenario no que tanto os veciños e veciñas da localidade coma os visitantes, poderán gozar de diferentes actividades ó redor da literatura.

Durante todo o día, na céntrica praza, estarán colocados sete postos nos que se venderán libros con un 20% de desconto. As librerías que porán os seus exemplares á venda serán do Concello da Guarda "Atlántica", "Ler" e Cervantes, de O Rosal, "Multinovas", de Tomiño, "Verbas" e de Gondomar "Libraida". Ademais o propio Concello da Guarda terá o seu propio posto con libros autoeditados.

Os postos abrirán en horario de 11 a 21 horas, de forma ininterrompida.

A partir das 12,30 horas, está organizada unha sesión de contos tradicionais que está a cargo de Andrea Bayer.

Xa pola tarde, as 17 horas, comezará un obradoiro infantil no que os rapaces e rapazas traballarán na figura do escritor Filgueira Valverde e tamén conmemorarán coas actividades o Día das Letras Galegas.
Unha hora máis tarde, Elena Gallego, a autora da triloxía "Dragal" e coñecida como a "J.K Rowling galega", firmará os seus libros nun dos postos aloxados na Praza do Reló.

Ás 19 horas, o monologuista lugués Oswaldo Digon, coñecido en todo o panorama nacional polas súas funcións nos teatros e tamén por participar no programa de televisión "El club de la comedia", ofrecerá un espectáculo no que as gargalladas entre o público están aseguradas.

O finalizar este espectáculo terá lugar un sorteo de libros entre todos os presentes.

Como en edicións pasadas, nos que se chegaron a vender máis de 800 libros nunha soa xornada, o Concello da Guarda espera que a feira sexa un total éxito. Con esta programación búscase achegar a literatura a todos os veciños e veciñas da localidade e ademais festexar unha data tan sinalada como é o Día das Letras Galegas.

En caso de choiva as actividades realizaranse na Casa dos Alonsos.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones