Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONCELLO DA GUARDA ORGANIZA ACTIVIDADES BAIXO O LEMA -VIVE A HISTORIA!- PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS

terán lugar no Museo do Mar, Castelo de Santa Cruz e Monte Trega, estarán dirixidas a nenos e adultos, serán gratuítas

terán lugar no Museo do Mar, Castelo de Santa Cruz e Monte Trega, estarán dirixidas a nenos e adultos, serán gratuítas

Fecha: 16 de Mayo de 2015

Fuente: www.aguarda.es

O Sábado 16 de maio celebrarase na Guarda o «Día internacional dos Museos» baixo a organización do concello da Guarda e o Padroado Municipal Monte Santa Trega. As actividades, que terán lugar no Museo do Mar, Castelo de Santa Cruz e Monte Trega, estarán dirixidas a nenos e adultos, serán gratuítas, e realizaranse baixo o lema «Vive a historia!» coa idea de que os participantes poidan somerxese no pasado e tradicións da vila.

No Monte Santa Trega ás 12,30 h., farase unha visita guiada especial titulada: «A casa nostra: familia e poder no Trega». O obxectivo será entender como se artellaban e manifestaban as relacións de poder no castro a través dun percorrido por diferentes unidades familiares. A roupa, as relacións de visibilidade/invisibilidade, a decoración arquitectónica ou control dos accesos... son aspectos que axudarán a comprender as diferenzas sociais e imaxinar o día a día no castro. O punto de encontro será a casa reconstruída e a visita contará coa colaboración da Câmara municipal de Póvoa de Varzim.

Pola tarde, a partires das 17,00 h., o Museo do Mar acollerá un «Obradoiro de cordas artesanais de cánabo» impartido por Enrique Gómez Maya.

Finalmente, ás 19,00 h., realizarase unha visita ao Castelo de Santa Cruz co título «Flora e fauna no castelo de Santa Cruz» a cargo de Manuel Álvarez Vicente e membros da asociación A Jalleira. Nela abordaranse distintos aspectos da historia da fortaleza e do seu importante patrimonio cultural.

Non se precisa ningunha inscrición previa para os interesados en «Vivir a Historia!». Será suficiente presentarse no lugar das actividades ás horas indicadas.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones