Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O concello da Guarda presenta o Plan Estratéxico de subvencións para o período 21-22

Este Plan Estratéxico de Subvencións establece dúas modalidades de concesión de subvencións: a concesión nominativa e a concorrencia competitiva

Terceira Mostra Asociativa celebrada na Alameda da Guarda no ano 2019.

Etiquetas del contenido

Fecha: 20 de Febrero de 2021

Fuente: Concello da Guarda

O concello da Guarda acaba de aprobar o Plan Estratéxico de Subvencións para o período 2021-2022, cumprindo así a obriga establecida pola Lei Xeral  de Subvencións que establece que os concellos que pretendan outorgar subvencións deben contar previamente co correspondente Plan Estratéxico de Subvencións.  Este plan nace da convicción da importancia do tecido asociativo local e da necesidade de colaborar e impulsar os  proxectos de interese social e comunitario que desenvolven estas asociacións, así se establecen dúas modalidades, a modalidade de  concesión directa de subvencións e a modalidade de concesión por concorrencia competitiva para a realización de actividades de utilidade pública ou de interese social.

Na modalidade de  concesión directa de subvencións, figuran entidades coma Erguete, Avelaiña ou San Xerome entre as entidades con fins sociais, a Agrupación Musical da Guarda, a asociación das Alfombras Florais entre as culturais e entidades coma o club Balonmán atlético Guardés ou o Sporting Guardés de fútbol entre as deportivas.

Na modalidade de concesión por concorrencia competitiva entrarían as axudas para a realización de actividades de utilidade pública ou de interese social.

Nas vindeiras semanas se aprobarán as bases das que sairán as convocatorias para poder concorrer a estas axudas por concorrencia competitiva.

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba quere “destacar o compromiso do concello en seguir facendo esforzos por acercar a colaboración do concello a aquelas entidades que desenvolven proxectos de interese social, deportivo ou cultural. Non se pode entender a nosa localidade sen ter en conta todo o traballo que día a día desenvolven centos de veciños en proxectos comunitarios, que serven para darlle prestixio á nosa vila e posibilitan unha riqueza cultural e deportiva sen parangón. Moitas destas entidades teñen unha importancia estratéxica xa que son referentes nos seus ámbitos. No ámbito social é encomiable a labor desinteresada dos diferentes colectivos da localidade que procuran solucionar situacións de precariedade para moit@ veciños”.

Este Plan Estratéxico de Subvencións tamén vai permitir a valoración dos proxectos das diferentes asociacións e posibilitará unha análise pormenorizada para ir mellorando no tempo  e   permitirá  coñecer se se conseguiron os obxectivos perseguidos en cada unha das liñas das que consta o Plan. As subvencións en xeral implican un retorno do esforzo económico da administración local, que este ano alcanzará os 171.960€, en forma de servizos, de oferta formativa, cultural e deportiva.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones