Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello da Guarda publica dous vídeos titoriais de decoración para o Nadal

Así, o sábado 26 de novembro se realizará un obradoiro na Casa dos Alonsos para facer este adorno en conxunto.

Así, o sábado 26 de novembro se realizará un obradoiro na Casa dos Alonsos para facer este adorno en conxunto.

Fecha: 18 de Noviembre de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

Entre a variedade de propostas do Concello da Guarda para esta campaña de Nadal, destaca o programa "Decora o teu Nadal". Esta iniciativa convidou ás asociacións culturais, sociais e deportivas e ás comisións de festas a colaborar na organización e decoración urbana da Guarda neste Nadal 2016.

Á súa vez, o Concello lanza xunto cos comerciantes da Guarda que se quixeron sumar, unha campaña de Nadal que inclúe varias actuacións. Entre elas, está a busca dun elemento decorativo común para o comercio e para os veciños da Guarda, co cal lograr que a vila luza un adorno común este Nadal.

Así, o sábado 26 de novembro se realizará un obradoiro na Casa dos Alonsos para facer este adorno en conxunto. Os comerciantes que queiran participar nel poden facelo achegando o material ou solicitándoo, previa inscrición. Para os veciños, este obradoiro tamén estará aberto, pero achegando cada un o seu material.

Ademais, o Concello da Guarda vén de publicar dous vídeos titoriais coas instrucións oportunas para quen queira facer o adorno e non poda acudir o día 26 ao obradoiro.

Nestes vídeos Maite Lomba, interiorista de Agarimo Interiores e a persoa encargada de impartir o obradoiro, explica como realizar unha sinxela decoración con pouco diñeiro, tempo e esforzo. O vídeo pódese ver na páxina de Facebook de Cultura da Guarda e haberá tamén un enlace a el na páxina web do concello, www.aguarda.es . Deste xeito, non hai escusa para quedarse sen decorar as casas e os establecementos da Guarda e poñer, se cabe, aínda máis fermosa a vila nestas datas tan sinaladas. Anímate a colaborar, A Guarda é cousa de todos.

 

 

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones