Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello da Guarda recibe 2 flores de honra de Vilas en Flor

Neste acto A Guarda foi premiada con dúas flores de honra, destacando o enorme potencial que reúne o municipio polo seu emprazamento e o seu patrimonio.

Neste acto A Guarda foi premiada con dúas flores de honra, destacando o enorme potencial que reúne o municipio polo seu emprazamento e o seu patrimonio.

Fecha: 27 de Noviembre de 2019

Fuente: Concello da Guarda

O pasado venres día 22 de novembro de 2019 a Concelleira de Cultura e Patrimonio, Montserrat Magallanes e persoal municipal do Concello da Guarda, participaron na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela na entrega dos Galardóns de Vilas en Flor Galicia 2019.

Neste acto A Guarda foi premiada con dúas flores de honra, destacando o enorme potencial que reúne o municipio polo seu emprazamento e o seu patrimonio. Segundo quedou de manifesto o Castelo de Santa Cruz e o Monte de Santa Trega constitúen dous fitos sobre os que se teñen construído grandes actuacións na vila como son o paseo marítimo, a Senda Litoral, o Sendeiro Azul, que permiten conectar a zona urbana coa desembocadura do Río Miño.

Resaltouse o nivel de recursos e a funcionalidade dos espazos axardinados da Guarda, pondo en valor os proxectos realizados recentemente coma o entorno do Castelo de Santa Cruz, a Rúa Concepción Arenal, recuperación das Casas Indianas, entre outras.

Destacouse como bo exemplo o espazo do Centro Cultural e a Biblioteca Municipal, zona axardinado moi preto da Alameda da Guarda.

O ente promotor de Vilas en Flor está formado pola Fundación Juana de Vega, Asvinor e Agaexar, entregando nesta xornada galardóns para 16 municipios galegos.

O xurado visitou previamente A Guarda o pasado 14 de outubro, onde comprobaron «in situ» todo o traballo realizado a nivel medioambiental, a xestión de residuos e a mellora do entorno da vila. Nuns días remitirán un informe no que se indicarán as medidas a tomar para continuar coas melloras da vila

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones