Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONCELLO DA GUARDA REDUCE NUN 80% A DÉBEDA CON BANCOS E PROVEEDORES

A liquidación do 2014 aporta datos positivos en todos os indicadores

A liquidación do 2014 aporta datos positivos en todos os indicadores

Fecha: 09 de Abril de 2015

Fuente: www.aguarda.es

O resultado da liquidación do ano 2014 pon de manifesto a boa situación económica do concello da Guarda fruto da xestión económica desenvolvida polo equipo de goberno nestes últimos anos nos que se adoptaron unha serie de medidas tendentes á contención do gasto, de aforro, control dos servizos e racionalización na prestación dos servicios públicos. O esforzo levado a cabo polo goberno, nun entorno económico adverso, permite pechar o ano con números positivos nas contas do concello.


Débeda con bancos

Se no ano 2006 o endebedamento do concello da Guarda cos bancos era de 2.150.606,64€ o concello cerrará o 2015 no entorno dos 500.000€, é dicir, o descenso do endebedamento cos bancos é do 76,10% (o concello minorou o seu endebedamento en máis dun millón e medio de euros). O ratio de endebedamento por habitante sitúase nos máis baixos da provincia de Pontevedra, no entorno dos 48€ por habitante, cando no 2006 era de 112,2€/habitante. O concello da Guarda é o terceiro con menor débeda da provincia, dentro dos municipios de máis de 10.000habitantes.


Dédeda con proveedores

Pero o esforzo feito en reducir o endebedamento non sería completo se non damos tamén a cifra do endebedamento con proveedores, sendo as obrigas pendentes de pago a 31 de decembro de 2006 de 2.238.468,47€, mentres que a 31 de decembro do 2014 á débeda con proveedores era de 240.165,48€ (a día de hoxe totalmente pagada).

Sinalar que o periodo medio de pagamento a proveedores era hai uns anos de 180 días, no 2014 reduciuse a 45 días e no 2015 estase a pagar no entorno dos 30 días a contar da entrada da factura no concello. Nestes momento o concello da Guarda ten todo pagado ata o 15 de marzo do ano en curso (quedando unicamente 28.855,33€ pendentes dun Plan de Deputación)


Resultados da liquidación do 2014-SUPERAVIT-

A liquidación do 2014 amosa un resultado orzamentario positivo de 372.334,94€, e un remanente de tesourería tamén positivo que acada a cifra de 332.559,00€ . O concello da Guarda cumpre co criterio de estabilidade e co equilibrio presupuestario.


Medidas económicas para o 2015

O equipo de goberno determinou no orzamento de 2015 conxelar os diferentes impostos municipais, asimesmo acordouse ampliar o prazo de pagamento dos impostos para facilitar as xestións aos veciños e veciñas da localidade.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones