Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONCELLO DA GUARDA RENOVA O DISTINTIVO DE CALIDADE DO SICTED PARA A OFICINA DE TURISMO E PARA AS PRAIAS DE -AREA GRANDE- E -O MUÍÑO-

O Concello da Guarda ratifica desta maneira o seu compromiso por ofertar uns servizos de calidade e o seu compromiso por melloralos dunha maneira continuada.

Esta acreditación ten como obxectivo involucrar ós axentes turísticos da provincia nun proxecto de mellora continua para acadar un destino de calidade.

Fecha: 22 de Abril de 2015

Fuente: www.aguarda.es

O Concello da Guarda recibiu un ano máis, os diplomas e distintivos do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destino (SICTED), que acreditan a calidade dos servizos tanto da Oficina de Turismo do Concello como das praias de "Area Grande" e "O Muíño".

O Concello comezou no ano 2009 a traballar na implantación do sistema de calidade "SICTED. Compromiso de Calidade Turística", proxecto promovido por TURESPAÑA e Turismo Rías Baixas-Deputación de Pontevedra. Esta acreditación ten como obxectivo involucrar ós axentes turísticos da provincia nun proxecto de mellora continua para acadar un destino de calidade. Desde ese ano, A Guarda, está traballando para ofrecer uns bos servizos e melloralos cada ano.

A finais do 2014, a Oficina de Turismo e ambas praias, tiveron que pasar unha auditoría na que se comprobou o compromiso de mellora continuada da calidade que esixe a Secretaría General de Turismo, que traballa a nivel estatal. Tras esta inspección, a Secretaría decidiu renovar, por dous anos, o distintivo de calidade do que xa gozan ambos areais e a Oficina de Turismo.

O Concello da Guarda ratifica desta maneira o seu compromiso por ofertar uns servizos de calidade e o seu compromiso por melloralos dunha maneira continuada.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones