Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello da Guarda solicita a súa incorporación á Área Metropolitana de Vigo

O alcalde xustifica a solicitude apelando á inminente constitución do organismo supramunicipal, ás vantaxes que terá para os veciños integrarse na Área e ós inconvenientes que implicaría quedar fóra da mesma.

O alcalde xustifica a solicitude apelando á inminente constitución do organismo supramunicipal, ás vantaxes que terá para os veciños integrarse na Área e ós inconvenientes que implicaría quedar fóra da mesma.

Fecha: 08 de Octubre de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

No último pleno aprobouse a proposta de Alcaldía, co apoio do BNG, solicitar a inclusión do Concello da Guarda na Área Metropolitana de Vigo.

 

O alcalde xustifica a solicitude apelando á inminente constitución do organismo supramunicipal, ás vantaxes que terá para os veciños integrarse na Área e ós inconvenientes que implicaría quedar fóra da mesma.

 

Entre os acordos adoptados no pleno destaca o de sinalar como interese prioritario do Concello da Guarda a inclusión na rede de Transporte Metropolitano de Vigo no prazo máis breve posible. Unha vontade que xa fora manifestada por Antonio Lomba, alcalde da Guarda, no escrito remitido á Directora Xeral de Mobilidade o 22 de setembro de 2015 no que solicitaba un estudo de custos deste servizo.

 

Este acordo refírese soamente a solicitude da inclusión. No momento que se produza, de chegar a producirse, o Concello decidirá a súa participación naqueles servizos que resulten de interese para os veciños. Ademais, tal como aprobou o pleno, o acordo será trasladado á Xunta de Galicia, ó Concello de Vigo, a tódolos Concellos que constitúen a Área Metropolitana e ós concellos que sen estar nesta, aseguran a continuidade territorial entre A Guarda e Vigo (Rosal, Oia, Tomiño e Tui). Tamén se informará a tódolos grupos da Corporación Municipal dos pasos que se dean en relación ó acordo acadado. Así mesmo, o Concello da Guarda manifesta o seu interese en participar nas reunións informativas que se realicen co obxecto de poñer en marcha a Área.

 

Dende o concello considérase que diante de iniciativas como a constitución da Área Metropolitana os veciños da Guarda non poden quedar illados. Está claro que Vigo é a cidade de referencia da vila e, que de haber algunha obxección para a inclusión da Guarda na Área Metropolitana, esta sería a mellora das comunicacións por estrada; mellora que o Concello ten a intención de reclamar dende dentro da Área.

Ademais, o alcalde considera inxusto que os concellos do Baixo Miño non foran incluídos na redacción da Lei da Área Metropolitana para pertencer dende primeiro momento, con pleno dereito, a este ente.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones