Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONCELLO DE A GUARDA CONTINÚA COA SÚA OFERTA DE TEATRO DE CALIDADE PARA O MES DE MARZO: D.E.P. (DESCANSE EN PAZ)

Entrada gratuíta, previa retirada de ticket no Centro Cultural. Sábado,21 de Marzo,20:00 h. no Salón de Actos do Centro Cultural.

Entrada gratuíta, previa retirada de ticket no Centro Cultural. Sábado,21 de Marzo,20:00 h. no Salón de Actos do Centro Cultural.

Fecha: 11 de Marzo de 2015

Fuente: www.aguarda.es

"D.E.P."

O Concello da Guarda continúa coa súa oferta de teatro de calidade para o mes de marzo. Despois da representación teatral de " O Furancho", agora é o momento doutra comedia trepidante e con moito humor, aínda que tinguida de cor negra: "D.E.P." (Descanse en Paz).

"D.E.P." mostra unha situación ben recoñecible polo espectador: A pelexa pola herdanza. Pero aínda hai algo que a fai moito máis singular e é que neste caso, a herdanza é dunha nai que aínda non está morta. Por este motivo, os seus dous fillos (Jouse García e Xoque Carbajal) farán todo o posible para "que mamá morra axiña por favor! ".
Entrada gratuíta, previa retirada de ticket no Centro Cultural. Data e lugar: Sábado, 21 de Marzo, 20:00 horas no Salón de Actos do Centro Cultural.

Ficha artística

Compañía: Malasombra producións
Título de espectáculo: D.E.P. (Descanse en paz)
Xénero: Comedia
Duración: 75 minutos

Elenco: Jouse García
Xoque Carbajal
Patricia Rodríguez

Autoría: Jordi Sánchez e Pep Antón Gómez
Traducción e adaptación: Xoque Carbajal
Escenografía: Kukas
Iluminación: Xulio Lago
Dirección: Marcos Orsi


SINOPSE
"D.E.P." é unha comedia na que se mostra con moito humor, o egoísmo, a mentira e o engano entre irmáns ante a repartición dunha herdanza. Uns seres humanos que nos amosan o seu lado máis cruel, ante a disputa de bens materiais: "que mamá morra axiña por favor! ".

¿Quen non soubo de pelexas entre irmáns por este motivo?
Como din os expertos: "Unha herdanza sen problemas non é herdanza, senón milagre".
Ou como dicían as nosas avoas: "A quen Deus non lle dá fillos, o demo dálle sobriños".
Isto é "D.E.P." Unha comedia, claro.

"D.E.P." é un espectáculo dirixido a un grande abano de públicos. Tanto a temática, o texto en si, como a posta en escena, resultará de interese a públicos de calquera idade, de diferentes clases sociais e culturais, ben sexa dun ámbito urbano ou rural.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones