Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONCELLO DE A GUARDA ORGANIZA OBRADOIROS DE COCIÑA DENTRO DAS ACTIVIDADES DO MAIO GASTRONÓMICO E CULTURAL

O horario do taller é de 11 horas a 13 horas.

O horario do taller é de 11 horas a 13 horas.

Fecha: 09 de Mayo de 2015

Fuente: www.aguarda.es

O Concello da Guarda organiza obradoiros de cociña dentro das actividades previstas para celebrar o "Maio Gastronómico e Cultural". Estes talleres, que se crean baixo o nome de "O día do Mercado" están dirixidos tanto a nenos coma a adultos e teñen como obxectivo mostrar a importancia da alimentación san e saudable.

Este sábado, día 9, celebrarase na Praza de Abastos, o primeiro dos obradoiros dirixido a nenos e nenas de entre seis e trece anos de idade. Os participantes poderán divertirse e aprender realizando tres talleres diferentes: un de "Macedonia de froitas", outro de "Recheo, decoración e presentación dunha filloa" e o terceiro de "Mini pizzas". Con estas tres receitas os monitores ensinarán os rapaces e rapazas o divertido que é a cociña á vez que mostran o importante que é manter unha dieta san e variada. O obxectivo primordial é que os menores se familiaricen coa cociña e sexan conscientes da necesidade de coñecer os alimentos.

Para que os rapaces e rapazas poidan rotar e pasar polas tres actividades haberá unha inscrición ese mesmo día. O horario do taller é de 11 horas a 13 horas.

Por outra banda, o sábado 30 de maio, tamén na Praza de Abastos e dentro da programación de "O día do Mercado", terá lugar un "showcooking" para adultos, nos que se mostrarán moitas e moi diferentes receitas sans e saudables. De novo, con esta actividade búscase facer fincapé na importancia que ten para un os bos hábitos de vida e por suposto a alimentación equilibrada.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones