Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONCELLO DE A GUARDA PíDELLE A DEPUTACIÓN O ARRANXO DE 200 METROS DA RÚA CONCEPCIÓN ARENAL

Os deputados David Regades e Uxío Benítez mantiveron un encontro co alcalde de A Guarda Antonio Lomba

Os deputados David Regades e Uxío Benítez mantiveron un encontro co alcalde de A Guarda Antonio Lomba

Fecha: 20 de Mayo de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

Os deputados provinciais de Cooperación e Mobilidade, David Regades e Uxío Benítez, mantiveron este Xoves unha xuntanza de traballo no concello de A Guarda co seu alcalde Antonio Lomba e varios dos seus concelleiros.

No encontro, o alcalde presentoulles a ambos deputados o proxecto para á humanización de 200 metros da rúa Concepción Arenal que ademais é parte dunha estrada provincial. Antonio Lomba recordou que leva máis de tres anos reclamándolle á Deputación de Pontevedra que arranxe estes 200 metros xa que o concello concluíu o resto da rúa pero non pode actuar neste espazo por ser de titularidade provincial.

Lomba mostroulles o proxecto da obra que o propio concello fixera fai anos que en varias ocasións remitirá a la anterior Deputación sen que existira ningunha resposta ao respecto.

Tanto David Regades como Uxío Benítez coincidiron en destacar o uso que facía o Partido Popular da institución provincial "discriminando" aqueles concellos que non eran da súa cor política como demostra o caso de A Guarda e dunha obra de apenas de 200 metros dunha rúa.

O deputado de Infraestruturas comprometeuse co alcalde a estudar a inclusión do proxecto da rúa Concepción Arenal no plan de infraestruturas da Deputación.

O alcalde e os dous deputados provinciais realizaron tamén unha visita as novas instalacións do concello de A Guarda que pretenden mellorar os servizos que se prestan aos veciños e veciñas da localidade.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones