Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONCELLO DE A GUARDA REPARTIRÁ LIBROS ENTRE OS NENOS QUE ACUDAN A SESIÓN DE CONTOS TRADICIONAIS QUE TERÁ LUGAR NA FEIRA DO LIBRO

A todos os nenos que acudan a escoitar os contos na voz de Bayer, o Concello, lles entregará un libro, para animar, unha vez máis, á lectura ós máis pequenos.

A todos os nenos que acudan a escoitar os contos na voz de Bayer, o Concello, lles entregará un libro, para animar, unha vez máis, á lectura ós máis pequenos.

Fecha: 16 de Mayo de 2015

Fuente: www.aguarda.es

O Concello da Guarda ultima os preparativos para a "Feira do Libro" que terá lugar este domingo, coincidindo co Día das Letras Galegas.
Un atractivo máis para que os veciños e veciñas da localidade e tamén os visitantes, se animen a participar nesta actividade cultural, é o reparto de libros que terá lugar durante a sesión de contos tradicionais a cargo de Andrea Bayer.

Esta actividade, como o resto das programadas para a "Feira do Libro", celebrarase na Praza do Reló, a partir das 12,30 horas. A todos os nenos que acudan a escoitar os contos na voz de Bayer, o Concello, lles entregará un libro, para animar, unha vez máis, á lectura ós máis pequenos. En total repartiranse 100 exemplares.

Esta é unha das iniciativas programadas, pero hai moitas máis. Así, durante toda a xornada, dende as 11 da mañá, estarán abertos os postos de venta de libros. En total haberá seis librerías, un posto exclusivo do Concello e outro de intercambio. Neste último, todos os interesados poderán cambiar un exemplar seu que estea en boas condicións por outro en igual estado.
Todos os exemplares que se poñan á venda durante este día terán un 20% de desconto.

A partir das 17 horas, comezará un obradoiro infantil, no que os rapaces e rapazas farán manualidades nas que recordarán á figura de Filgueira Valverde. Unha hora máis tarde, comezará a firma de libros a cargo de Elena Gallego, coñecida como J.K. Rowlling galega, por ser a autora da trioloxía de "Dragal".

Ás 19 horas, comezará o monólogo a cargo de Oswaldo Digon, lugués que recorreu España subido ós escenarios dos teatros e participou no programa televisivo "El club de la comedia". Ó finalizar este espectáculo, entre as 20 e as 20,30 horas, comezará o sorteo de varios lotes de libros entre aquelas persoas que mercasen libros nos postos colocados na Praza do Reló.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones