Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello de Oia adhírese ao Pacto de Alcaldes polo Clima e a Enerxía

A adhesión implica asumir os obxectivos da UE para frear o cambio climática e a adopción de medidas

A adhesión implica asumir os obxectivos da UE para frear o cambio climática e a adopción de medidas

Fecha: 26 de Octubre de 2019

Fuente: Concello de Oia

O Concello de Oia vén de acordar en pleno a súa adhesión ao Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía, asumindo así os compromisos da UE en materia de clima e enerxía para o ano 2030. O acordo adoptouse na sesión plenaria do pasado 10 de outubro e contou co apoio unánime de todos os grupos da Corporación Municipal (PP, PSOE e BNG).

A adhesión ao Pacto dos Alcaldes implica a adopción dun Plan de Acción Polo Clima e a Enerxía Sostible onde se inclúen medidas para frear o cambio climático. As anteditas medidas abordan cuestións como a redución de consumos enerxéticos e a substitución de enerxías fósiles por renovables -co obxectivo de reducir a pegada de carbono do municipio- e serán de aplicación en edificios, instalacións, equipamentos, transporte público e privado e ciclos de tratamento de residuos sólidos e augas residuais.

O plan de acción tamén implica o deseño de medidas para preparar á localidade fronte aos riscos e vulnerabilidades que derivadas do proceso de cambio climático.

Desde o momento da adopción do acordo, o Concello de Oia ten un prazo de dous anos para aprobar o plan. A partir de aí, cada dous anos terá que dar conta dos seus avances en relación aos obxectivos establecidos para o ano 2030.

Á hora de elaborar e desenvolver o seu plan de acción, Oia contará co apoio da oficina técnica do Pacto dos Alcaldes, que a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda) pon a disposición dos 313 municipios galegos.

Loita contra o cambio climático

Coa súa adhesión ao Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía, Oia incorpórase ao maior movemento mundial de autoridades na loita contra o cambio climático. Foi lanzado en Europa no ano 2008 e implica a cerca de 8.000 autoridades locais de 57 países de todo o mundo. No caso de Galicia está coordinado pola Xunta, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

A través do antedito pacto o Concello tamén contribúe a consecución dos obxectivos da Axenda 2030 para un mundo máis xusto e sustentable.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones