Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello de Oia celebra Sesión Ordinaria do Pleno Corporativo este xoves

Xoves 25 de maio de 2017 ás 20:00h no salón de sesións do Concello

Xoves 25 de maio de 2017 ás 20:00h no salón de sesións do Concello

Fecha: 25 de Mayo de 2017

Fuente: Concello de Oia

DECRETO: Convocatoria Pleno ordinario.

Tendo en conta o acordo plenario adoptado en sesión extraordinaria de 26 de novembro de 2015, no que se establece a periodicidade bimensual das sesións ordinarias do Pleno da Corporación que terán lugar o ultimo ultimo xoves dos meses de xaneiro, marzo, maio, xullo, setembro e novembro, ás 20.00 horas, durante a tempada de verán, e ás 19.00 horas durante a tempada de inverno.

Asistido pola Secretaria e de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, en relación cos artigos 78.2, 80 e 82 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado mediante RD 2568/86 do 28 de novembro, e en virtude do establecido no artigo 47.2 do mesmo corpo legal, esta Alcaldía-Presidencia
 
RESOLVE:

PRIMEIRO: Convocar a Sesión ordinaria do Pleno Corporativo a celebrar o día 25 de maio de 2017, ás 20.00 horas no salón de sesións do Concello, e dous días despois á mesma hora en segunda convocatoria en caso de non existir o quorum esixido na primeira, coa seguinte

ORDE DO DIA

1.-Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior, acta nº 4/2017 da sesión ordinaria do Pleno da Corporación celebrado o día 30.03.2017.
2.- Aprobación, se procede, de recoñecemento extraxudicial 3/2017.
3.- Aprobación, se procede, de entidades singulares de poboación omitidas no padrón municipal de habitantes, por erro, para a futura reenumeración de camiños e vivendas.
4.- Dación de conta da liquidación do ozamento municipal de 2016.
5.- Aprobación, se procede, de modificación presupostaria nº 11/2017 por suplemento de crédito nº 1/2017 financiado con remanente de tesourería para gastos xerais extraído da liquidación do orzamento 2016, a fin de amortizar a débeda viva do concello de Oia.
6.- Proposta de acordo para apoiar que os Bolos sexan declarados ben inmaterial de interese cultural-etnográfico, dentro do Patrimonio cultural de Galicia.
7.- Mocións, propostas, escritos dos grupos políticos:
a) Moción de Converxencia Galega relativa ao uso do parque infantil de Viladesuso.
b) Moción do BNG para cambiar o nome da praza contigua á casa consistorial, sustituíndo o nome de Jose Solís Ruiz por Praza da Matrona Xulia Suárez.
8.- Mocións de urxencia.
9.- Control ós organos de goberno:

-Rogos e preguntas.

-Dación de conta de resolucións de alcaldía desde o ultimo pleno ordinario.
SEGUNDO: Notificar a presente Resolución aos Sres. Concelleiros electos, advertíndo-lles que, conforme ao disposto, polo artigo 12.1 do citado RD 2568/86 do 28 de novembro, deberán comunicar ca antelación necesaria calquera causa xustificada que implique a imposibilidade de asistir a citada sesión.
TERCEIRO: Ordenar se de publicidade a través de edicto no Taboleiro de Anuncios do concello e do portal de transparencia aloxado na sede electrónica ( oia.sedelectronica.es) á presente convocatoria.


En Oia, a 19 de maio de 2017.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones