Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello de Oia continúa coa súa aposta pola igualdade no 2021

Ao afrontar experiencias que os nenos e nenas, e tamén as persoas adultas, teñen no seu día a día, a protagonista da historia ensinará ao seu público cales son as ferramentas para xestionar axeitadamente todas esas vivencias.

Ao afrontar experiencias que os nenos e nenas, e tamén as persoas adultas, teñen no seu día a día, a protagonista da historia ensinará ao seu público cales son as ferramentas para xestionar axeitadamente todas esas vivencias.

Etiquetas del contenido

Fecha: 14 de Septiembre de 2021

Fuente: Concello de Oia

O Concello de Oia continúa coa aposta pola igualdade que, a través de actividades dirixidas a diversos públicos, vén organizando nos últimos anos. Neste 2021 programouse a representación dunha obra teatral dirixida ao alumnado de educación infantil e primaria dos dous centros educativos do municipio.

 

O tema central a tratar nesta edición foi a responsabilidade cara os dereitos dos demais, para poder alcanzar a igualdade e previr a violencia de xénero nas relacións. Este contido abordouse a través da obra de teatro “A formiga”, representada o pasado 14 de xuño nas instalacións do CEIP Mestre Manuel García. Fixéronse varios pases, aos que asistiu o alumnado do antedito centro e tamén o do CEIP de Refoxos, o cal se trasladou ata o lugar en autobús.

 

“A formiga” é unha peza teatral da compañía La fiesta escénica que narra as aventuras vividas por unha formiga que non quere traballar, pero que rematará aprendendo moito sobre a igualdade. Ao mesmo tempo que aprende sobre igualdade, irá descubrindo outros valores que teñen que ver coas relacións sociais e o respecto ás demais persoas. Conceptos como a amizade, a lealdade, a tolerancia, o perdón e a reconciliación son algúns dos valores que resalta esta historia.

 

Ao afrontar experiencias que os nenos e nenas, e tamén as persoas adultas, teñen no seu día a día, a protagonista da historia ensinará ao seu público cales son as ferramentas para xestionar axeitadamente todas esas vivencias.

 

A actividade tivo un custo total de 4.840 euros, dos cales un total de 3.075,64 financiáronse a través da liña “subvencións dirixidas aos concellos da provincia de Pontevedra de menos de 20.000 habitantes para o fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero para o ano 2021" da Deputación. A cantidade restante, 1.764,36 euros, foi asumida a través da achega de fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí