Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello de Oia presenta este venres un libro sobre os cruceiros, cruces e almiñas do municipio

O acto de presentación terá lugarás 19:30horas e forma parte do programa da Semana Cultural de Mougás

A obra, do historiador Xoán Martínez Tamuxe, recolle arredor dun centenar de pezas, ademais da toponimia relacionada con este tipo de elementos patrimoniais

Fecha: 20 de Diciembre de 2019

Fuente: Concello de Oia

O Concello de Oia presenta este venres o libro titulado Cruceiros, cruces e almiñas do Baixo Miño II. Concello de Oia, do historiador Xoán Martínez Tamuxe. O acto comezará ás 19.30 horas e forma parte da programación da Semana Cultural de Mougás que organiza a Asociación Veciñal.

Cruceiros, cruces e almiñas do Baixo Miño II. Concello de Oia trata de achegarnos a este interesante patrimonio etnográfico para poder coñecelo mellor e revalorizalo. Ao longo das súas páxinas, escritas tras unha rigorosa investigación e compilación de datos durante varias décadas, Martínez Tamuxe ofrece un resumo histórico de cada parroquia e o inventario de cada peza ou monumento, así como o seu estudo e catalogación.

Con esta publicación, editada coa colaboración de Turismo da Xunta de Galicia, o Concello continúa coa actividade de edición de libros relacionados co patrimonio e a historia local que vén desenvolvendo nos últimos anos. Xa para 2020, a colección engadirá algún novo título máis.

Pezas de diversas épocas históricas

O libro de Xoán M. Tamuxe identifica arredor dun centenar de pezas de diversas épocas históricas, desde cruciformes gravados na pedra ata vía crucis, cruces labradas en pedra, cruceiros e almiñas (tamén coñecidas como petos de ánimas). Así mesmo, recolle exemplos de topónimos que fan alusión a este tipo de patrimonio nas distintas parroquias oienses.

Entre os elementos estudados destaca o cruceiro da Praza da Centinela, o máis artístico do municipio e que, segundo indica o libro, era coñecido como a "Cruz das Indulxencias". Esta estrutura data do século XVIII e está situada no barrio do Arrabal, moi preto do Mosteiro de Santa María de Oia.

Agasallo de exemplares na presentación

A publicación será dada a coñecer o próximo día 20 ás 19.30 horas na Casa Cultural de Mougás. No acto, o autor será presentado polo historiador Fernando Javier Costas Goberna.

O Concello agasallará un exemplar do libro ás persoas asistentes ao acto de presentación, que forma parte da programación de actividades da Semana Cultural de Mougás que a Asociación Veciñal organiza entre o 20 de decembro e o 5 de xaneiro.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones