Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello de Oia se reúne coas traídas veciñais para explicar o Plan de apoio 2020-2023

A Alcaldesa destacou a importancia das traídas veciñais nas zonas rurais e dispersa

A Alcaldesa destacou a importancia das traídas veciñais nas zonas rurais e dispersa

Fecha: 24 de Agosto de 2019

Fuente: Concello de Oia

O Concello de Oia convocou aos membros das directivas das traídas veciñais do municipio a unha reunión o pasado mércores 21 de agosto, no Centro Cultural de Pedornes, para pedir a súa colaboración e recoller as opinións e información necesaria para concretar as axudas do Plan de apoio as traídas veciñais de Oia 2020-2023.

Á reunión asistiu o técnico, Adolfo Azcárate, con máis de 20 anos de experiencia en legalización de aproveitamento de augas e constitución de comunidades de usuarios e regantes, quen explicou aos asistentes: o control sanitario das augas por parte dos xestores de abastecementos; a diferencia entre os distintos tipos de abastecemento; as obrigas dos xestores; o control mediante analíticas; os sistemas de potabilización; o estado e limpeza das instalacións; a elaboración do plan de autocontrol e xestión do abastecemento; etc.

A Alcaldesa destacou a importancia das traídas veciñais nas zonas rurais e dispersas, da gran labor desinteresada que fan os veciños para asegurar un servizo básico para a poboación, e que é preciso que conten co apoio das administracións para levar a cabo ese cometido con tódalas garantías.

Por outra banda, atendendo á importancia dunha formación adecuada dos membros das directivas para o control sanitario dos abastecementos, o Concello vai continuar cos cursos de manipulador de auga de consumo humano, atendendo ao interese amosado polos asistentes á reunión. Así, para o mes de outubro se organizará un curso para dar cobertura a esta demanda.

Por outra banda, o Concello ten solicitada unha subvención á Xunta de Galicia para elaborar un Plan de Emerxencia ante a seca, que permitirá realizar unha primeira auditoría sobre o estado das redes de abastecemento para identificar posibles debilidades en todo o termo municipal.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones