Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Concello de Oia solicita fondos europeos para afrontar a reforma da Praza de Abastos

Desde hai meses o Concello vén dando pasos para avanzar nesta iniciativa, que permitirá a Oia contar cun novo espazo de uso público situado nunha zona estratéxica do municipio, ao carón da estrada PO-552

Desde hai meses o Concello vén dando pasos para avanzar nesta iniciativa, que permitirá a Oia contar cun novo espazo de uso público situado nunha zona estratéxica do municipio, ao carón da estrada PO-552

Fecha: 15 de Julio de 2022

Fuente: Concello de Oia

O Concello de Oia está a traballar nun proxecto para a reforma do edificio da Praza de Abastos co obxectivo de rehabilitar e poñer en marcha diversos usos neste equipamento municipal situado na Estrada Vista Alegre.

Desde hai meses o Concello vén dando pasos para avanzar nesta iniciativa, que permitirá a Oia contar cun novo espazo de uso público situado nunha zona estratéxica do municipio, ao carón da estrada PO-552. Así, durante o ano pasado elaborouse un estudo de mercado e un anteproxecto da actuación. Ademais, mantivéronse diversas reunións cos comerciantes locais a fin de poder coñecer as súas opinións e achegas.

Dentro destes primeiros traballos estanse a definir os diferentes usos que podería albergar a nova praza: feira alimentaria, feira de artesanía, espazos públicos e bar-cafetería son algunhas das opcións actualmente en estudo. Así mesmo, realizáronse unha serie de actuacións con vistas a presentar esta actuación como candidata á captación de fondos do PIREP Local.

 

Candidatura ao PIREP Local

A partir do traballo previo realizado, a Administración municipal vén de elaborar un proxecto denominado “Eira Nova”, co cal se presentou á convocatoria de subvencións do PIREP Local do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. O PIREP é un programa de impulso á rehabilitación de edificios públicos de entidades locais deseñado no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, PRTR (a estratexia española para distribuír os fondos europeos Next Generation EU).

Para asumir os gastos derivados da elaboración do proxecto co que o Concello concorre aos Fondos PIREP contouse cun total de 2.783 euros da Deputación de Pontevedra (procedentes das subvencións a entidades locais da provincia de Pontevedra con poboación inferior a 50.000 habitantes para o financiamento dos gastos derivados da presentación de candidaturas de proxectos subvencionables ao abeiro da convocatoria do PIREP Local). Esta cantidade foi destinada a asumir os custos do proceso de documentación e asesoramento técnico para a preparación da antedita candidatura.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones