Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Concello de Oia visita a EDAR de macrofitas de Abegondo, exemplo para o rural noutros lugares

Máis de 20 veciños do Concello de Oia en Pontevedra realizaron unha visita guiada á estación depuradora de Cullergondo, así como á traída veciñal de A Malata.

Máis de 20 veciños do Concello de Oia en Pontevedra realizaron unha visita guiada á estación depuradora de Cullergondo, así como á traída veciñal de A Malata.

Fecha: 06 de Junio de 2018

Fuente: Concello de Oia

Abegondo conta con diferentes estacións depuradoras de auga residuais (EDAR) que ofrecen unha solución diferente á veciñanza para que as augas fecais non afecten aos dos ríos. En concreto ás de Orto e Cullergondo empregan un sistema baseado no filtrado que fai unha planta chamada macrofita. Para coñecer máis polo miudo cómo funciona e que características ten esta opcións, así como a súa implementación nun ámbito rural, un grupo de veciños do concello pontevedrés de Oia percorreu este sábado 2 de xuño, a instalación de Cullergondo. Logo desta visita terán máis ferramentas para decidir que solución é a mellor no seu ámbito xeográfico. No seu percorrido tamén puideron coñecer a experiencia da traída veciñal da Malata, que dota de auga potable aos veciños deste lugar, outra iniciativa coa que colaborou o Concello de Abegondo que está a chamar a atención doutros lugares de Galicia para valorar a ‘exportación' do modelo a outros concellos.

Os visitantes, entre os que se atopaba a súa alcaldesa, Cristina Correa, puideron coñecer de preto esta opción para depurar as augas fecais no ámbito rural baseada no traballo de plantas e bacterias. Guiados polo concelleiro de Desenvolvemento Sostible, Gustavo Quindimil Gómez, e o técnico municipal Carlos Ameijenda, os veciños de Oia puideron coñecer o detalle do funcionamento da estación depuradora de Cullergondo. Á cabeza da expedición pontevedresa estaba a alcaldesa de Oia, Cristina Correa Pombal. O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso Miramontes, reuniuse co grupo ao final da visita.

Cullergondo, un exemplo de EDAR que emprega plantas para filtrar a auga

Desde fai xa seis anos, os veciños das parroquias de Xuanzo e Cullergondo, no Concello de Abegondo, poden optar por conectar as súas augas fecais á EDAR de Cullergondo. Nesta planta, que ten capacidade para dar servizo a 50 vivendas e 186 veciños, se empregan técnicas directamente vencelladas á natureza.

O sistema consiste en derivar ás canalizacións das vivendas cara a EDAR. Unha vez alí, a auga chega e deposítase nunha fosa séptica na que se decanta durante 1 día aclarándose e separando residuos de máis peso que quedan na parte baixa e se baleiran cada certo tempo.

O seguinte paso é que o líquido pase a unhas balsas nas que recibe tratamento axeitado sen empregar enerxía eléctrica. Son as plantas, neste caso as macrofitas, as encargadas de limpar a auga a través do traballo que fan as súas raíces e as bacterias ao longo de 10 días. Rematado este proceso de fitodepuración, a auga xa se pode enviar ao río para que sega o seu curso.

A EDAR leva en funcionamento desde 2012 con resultado de éxito e satisfacción veciñal. As analíticas sempre foron favorables demostrando que este sistema, máis sostible a longo prazo que outros, é igualmente eficiente.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí