Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONCELLO DE TOMIÑO E A COMISIÓN AF ABREN AO PÚBLICO A AULA-MUSEO ANTONIO FERNÁNDEZ

Estará atendida o primeiro e terceiro domingo de cada mes por voluntarios da Comisión Antonio Fernández e durante o verán por técnicos do Concello

Estará atendida o primeiro e terceiro domingo de cada mes por voluntarios da Comisión Antonio Fernández e durante o verán por técnicos do Concello

Fecha: 04 de Abril de 2015

Fuente: www.concellotomino.com

O Concello de Tomiño e a Comisión Antonio Fernández veñen de acordar a apertura ao público da Aula Museo Antonio Fernández. A disposición altruista mostrada polos membros da Comisión fará posible un horario estable durante o ano 2015. Estará aberta todos os primeiros e terceiros domingos de cada mes desde as 11,30h até as 13,30h. Disporá dun horario especifico para o tempo vacacional abrindo esta semana santa no sábado e no domingo, tamén de 11,30h até as 13,30h, e durante os meses de xullo e agosto, con horario máis ampliado, ainda por definir, e que contará con técnicos contratados polo Concello.

A Aula-Museo Antonio Fernández está situada nunha das aulas das escolas vellas do CEIP Pintor Antonio Fernández de Goián, precisamente nun edificio que foi construido nun solar que fora donado polo pintor goianés para a construción dunha escola. A creación da aula-museo en homenaxe ao pintor Antonio Fernández foi unha das iniciativas desenvolvidas pola comisión veciñal e o Concello de Tomiño durante o ano Antonio Fernández. Foi inaugurada o 4 de xullo de 2014 e nela podese facer un percorrido sobre a vida do pintor, observando obxectos e documentos de gran valor histórico e simbólico que foron cedidos polos veciños Jose Manuel Villa Troncoso "Mané" e Leandro Alonso e pola Fundación Xavier Pousa. Actualmente, durante o ano escolar, está sendo utilizada polo profesorado do CEIP de Goián e a disposición de todos os colexios de Tomiño para excursións e unidades didácticas.

O Concello de Tomiño agradece a todos os membros da Comisión Antonio Fernández a súa boa disposición e colaboración para abrir a aula-museo, que posibilitará que a figura do ilustre pintor goianés sexa mais coñecida e recoñecida.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones