Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O CONCELLO DE TOMIÑO ORGANIZA UNHA EXPOSICIÓN SOBRE ALGUNHAS DAS MULLERES GALEGAS MÁIS REPRESENTATIVAS DA HISTORIA

Xela Arias, Maruja Mallo, Enriqueta Otero ou Concepción Arenal son algunhas das mulleres sobre as que versa a exposicion

A programación do 25 de novembro contará con outros eventos como un contacontos a cargo de Celso Fernández Sanmartín dirixido a todos os públicos.

Etiquetas del contenido

Fecha: 13 de Noviembre de 2015

Fuente: Concello de Tomiño

A exposición leva por título "mulleres galegas na historia" e forma parte da programación da conmemoriación do 25 de novembro, día internacional contra violencia de xénero.
Xela Arias, Maruja Mallo, Enriqueta Otero ou Concepción Arenal son algunhas das mulleres sobre as que versa a exposicion que permanecerá no mercado municipal do 21 de novembro ao 6 de decembro.

O Concello de Tomiño organiza unha exposición sobre mulleres galegas representativas na historia. Será unha mostra na que se porá en valor o esforzo e sacrificio de mulleres que pelexaron ao longo da historia co fin de acadar melloras na situación feminina da época.

A exposición ten nome de artistas como as pintoras Maruja Mallo e Julia Minguillón, actrices como María Casares, literatas como Concepción Arenal ou Xela Arias, ou guerrilleiras que formaron parte da resistencia contra o réxime franquista como Enriqueta Otero. Todas elas, mulleres que deixaron pegada na no seu tempo a través das súas obras e que hoxe forman parte da historia de Galicia.

A exposición forma parte da programación de igualdade adicada a conmemorar o día internacional contra violencia de xénero que será o vindeiro 25 de novembro, e está organizada en colaboración coa Deputación de Pontevedra.A mostra inaugurase o sábado 21 de novembro e poderase visitar no mercado municipal até o 6 de decembro.

A programación do 25 de novembro contará con outros eventos como un contacontos a cargo de Celso Fernández Sanmartín dirixido a todos os públicos.

A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, destacou "a importancia de por en valor o esforzo de moitas mulleres que teñen traballado para mellorar a nosa situación na sociedade." González, adiantou que "a programación do 25 de novembro conta con máis actividades dirixidas a todos os públicos cun claro obxectivo de reflexionar sobre temas tan complexos como a igualdade e a violencia de xénero".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí